Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Xeografía
XeografíaGrupo de traballoModelo de exame

Directrices e Orientacións

 

I. DIRECTRICES XERAIS PARA O CURSO 2009-2010 E ORIENTACIÓNS PARA AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE DE 2010

Como Director do Grupo de Traballo de Xeografía para o presente curso académico 2009-2010 envío ós centros afectados, por medio da CiUG, a circular emanada da reunión celebrada o día 1 de febreiro de 2010. Foi a primeira reunión do Grupo no marco do novo bacharelato LOE.

 

A. CONSIDERACIÓNS XERAIS

As funcións do Grupo de Traballo son as de asesoramento ó seu Director en todo o referente á elaboración das Probas de Acceso. Por outra parte, cada docente de bacharelato terá a súa programación axustada a un desenvolvemento persoal do DCB, o que deixa un amplo grao de liberdade dentro das directrices xerais deste.

A elaboración dos modelos de exame por parte do Grupo debe acomodarse ós deseños curriculares establecidos e ás secuencias que seguen os centros educativos, tendo como referencia os desenvolvementos curriculares publicados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O Decreto 126/2008, de 19 de xuño, sobre “Ordenación e currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia” (DOG 23 de xuño de 2008) e, sobre todo, a Orde de 24 de xuño de 2008, pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 27 de xuño de 2008), derogatorio do Decreto 231/2002 do 6 de xuño que establecía o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma, deseñan o novo currículo de Xeografía. Malia que os cambios apreciados son parciais e de matiz con respecto ó anterior, si deben terse en conta á hora de deseñarse o novo modelo de exame para esta disciplina.

O Grupo decidiu que o exame desta materia debe responder ós contidos establecidos no currículo porque a finalidade que outorga o SUG a esta proba é comproba-las competencias e capacidades do alumno para poder acceder ós estudos universitarios. O Real Decreto 1892/2008 de 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas (BOE 24 de novembro de 2008), determina, no Capítulo II, Artigo 9, apartado 1, que o alumnado responderá “por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ó tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados”.

Ademais, o Grupo non pode interferir no desenvolvemento do devandito currículo, que é de obrigado cumprimento por parte dos docentes, segundo as directrices da Consellería. O que se ofrece aquí son unhas ORIENTACIÓNS para a materia en forma de Coñecementos, Conceptos e Termos Básicos da Materia e Procedementos, como guía para os requirimentos específicos das probas e que en modo ningún poden tomarse como prescritivos para o docente. Noutras palabras, debe quedar claro que O GRUPO DE TRABALLO DE XEOGRAFÍA NON PROPÓN UN CURRÍCULO Á MARXE DO OFICIAL, QUE DEBE SER RESPECTADO ESCRUPULOSAMENTE POLO DOCENTE.

B. BLOQUES DE COÑECEMENTO

De acordo coas ideas anteriormente expostas e coa citada normativa oficial, chegouse ó seguinte acordo sobre as Orientacións no referente ós Bloques de Coñecemento, que se centrarán prioritariamente no espazo da Península Ibérica, sen esquece-la súa inserción no contexto europeo e mundial. Isto non supón unha alteración substancial da liña seguida polo Grupo até agora senón que reafirma a necesidade de asumir uns contidos mínimos acerca da realidade na que estamos inmersos.

1) Natureza e medio natural en España

Trátase de que o alumnado localice e coñeza as características máis relevantes das formas maiores do relevo da Península Ibérica en relación cos grandes tipos de rochas, así como os acontecementos principais da súa evolución xeolóxica. Igualmente, debe identifica-los grandes dominios climáticos e as situacións atmosféricas que os caracteriza, sendo quen de interpretar diagramas termopluviométricos ou representacións barométricas significativas. En relación co anterior, deben coñecerse as características das grandes arterias fluviais e os seus réximes, en relación cos caracteres morfolóxicos e climáticos do territorio, sendo un apartado importante a reflexión sobre os problemas que presenta o aproveitamento da auga en España. E como síntese das anteriores circunstancias, deben coñecerse e interpretarse as paisaxes bioclimáticas que se derivan das diversas variables, así como as consecuencias da acción humana na transformación e degradación das paisaxes naturais.

2) Territorio e actividades económicas

Trátase de que o alumnado distinga o peso dos diferentes sectores de actividade económica (primario, secundario, terciario) en relación coa estrutura da poboación e os recursos existentes no territorio. Para iso debe ser quen de interpreta-los factores que explican a organización da explotación dos recursos agrarios e da pesca. Ten de asumi-las condicións do desenvolvemento industrial e os seus contrastes espaciais, coñecendo as fases da industrialización, os factores da localización e os desequilibrios territoriais. Así mesmo, debe ser consciente do imparable proceso de terciarización da economía e da sociedade, así como do papel das actividades terciarias como elementos organizadoras da canalización dos bens e dos servizos (comercio, transporte, comunicacións, ocio e turismo). Todo iso en España e a súa aplicación en Galicia, sen esquece-la posición dentro dun mundo globalizado

3) Poboación e urbanización

Trátase de que o alumnado coñeza a evolución dos efectivos humanos na súa secuencia histórica, de maneira que posúa un contexto temporal e espacial para analiza-los movementos naturais (natalidade, mortalidade, fecundidade, crecemento vexetativo, esperanza de vida), os movementos migratorios internacionais e interiores (sobre todo o papel da inmigración), a distribución no espazo e as estruturas da poboación. Como trazos da ocupación humana, deben coñecerse as características do proceso de urbanización nas súas etapas principais, así como a configuración da rede urbana española e galega. Sen esquece-la comprensión e a interpretación da morfoloxía urbana e a súa configuración no plano, distinguindo no interior da cidade as áreas funcionais e históricas que conforman a súa paisaxe, con diversos exemplos característicos de España e Galiza.

4) A organización político-administrativa española.

Contrastes e políticas rexionais Trátase de que o alumnado comprenda as bases da división político-administrativa do territorio español, centrándose na situación actual e coñecendo as diferencias máis evidentes entre Comunidades Autónomas (tamaño, poboación, carácter histórico, capitalidade) e a articulación en provincias, concellos e parroquias, no caso de Galicia.

5) España e Europa no mundo

Trátase de que o alumnado comprenda as connotacións xeográficas dos procesos de globalización e das desigualdades territoriais, así como da inserción de España e Galicia no que se dá en chama-lo “Sistema-Mundo”. O desenvolvemento socioeconómico de España, o seu presente e o seu futuro xeoeconómico e xeopolítico, aparecen indisolublemente ligados á súa inserción na Unión Europea, marco que o alumnado ten que coñecer adecuadamente e co que debe ter un alto grao de familiarización polas implicacións que terá no seu futuro persoal, social e laboral máis inmediato. Coñece-los trazos básicos de Europa e a UE, da posición de España e de Galicia na UE (e dos elementos básicos de comparación como tamaño, renda, poboación) e feitos elementais respecto á estrutura institucional da Unión Europea (breve historia, fitos do seu desenvolvemento, países que a forman e a formarán a curto prazo, institucións esenciais etc.) é unha maneira de contribuír á consolidación dunha necesaria identidade europea. Este apartado terá un tratamento transversal no resto dos bloques de coñecemento de maneira que en cada un deles se incida nos aspectos que sexan necesarios para contextualiza-las aprendizaxes.

Ademais destes bloques temáticos recollidos no DCB, non se debe esquece-la aproximación ás ferramentas, ás fontes, ó modo de expresión e de representación cartográfica, ó uso das TIC, á síntese xeográfica, á interpretación das paisaxes…, aspectos que deberán estar presentes de forma transversal no desenvolvemento de tódolos contidos da materia.

C. CONCEPTOS E TERMOS BÁSICOS DA MATERIA

O Grupo decidiu mante-la suxestión dos seguintes conceptos e termos básicos da materia que o alumnado debe comprender, para poder manexar un vocabulario xeográfico axeitado:

Litosfera, Atmosfera, Hidrosfera, Biosfera, Municipio, Parroquia, Rexión, Provincia, Comunidade Autónoma.

Placa Tectónica, Magma, Litoloxía, Rocha Ígnea, Rocha Sedimentaria, Rocha Metamórfica, Estrato Sedimentario, Rocha Silícea, Rocha Arxilosa, Rocha Calcaria, Falla, Fractura, Fosa Tectónica, Pregamento, Sinclinal, Anticlinal, Oroxenia Herciniana, Oroxenia Alpina, Xeosinclinal, Transgresión Mariña, Regresión Mariña, Curva de Nivel, Perfil Topográfico, Zócolo, Macizo, Meseta, Cordilleira, Serra, Páramo, Cerro Testemuña, Campiña, Costa, Erosión, Sedimentación, Glaciar, Morea, Eólico, Aluvión, Duna.

Tempo, Clima, Presión Atmosférica, Isóbara, Anticiclón, Borrasca, Fronte, Corrente en Chorro (Jet-Stream), Gota Fría, Barlovento, Sotavento, Brisa, Insolación, Isoterma, Amplitude Térmica, Inversión Térmica, Calixe, Solaina, Avesedo, Réxime Térmico, Evaporación, Humidade Atmosférica, Condensación, Precipitación, Isohieta, Réxime Pluviométrico, Déficit Hídrico, Aridez, Microclima, Clima Urbano.

Cunca Fluvial, Divisoria de Augas, Rede Fluvial, Leito, Infiltración, Augas Subterráneas, Acuífero, Nivel Freático, Aforo, Caudal, Avenida, Inundación, Estiaxe, Torrente, Canón, Terraza Fluvial, Delta, Rambla, Réxime Fluvial, Esteiro, Ría, Marisma, Albufeira, Marea, Tómbolo.

Bioclimático, Biomasa, Ecosistema, Vexetación Clímax, Endemia, Conífera, Frondosa, Especie Termófila, Especie Heliófila, Especie Higrófila, Especie Xerófila, Especie Mesófila, Formación Arbórea, Formación Arbustiva, Formación Herbácea, Bosque Caducifolio, Bosque Perennifolio, Devesa, Sotobosque, Pradería, Landa, Maquis, garriga, Solo, Cliserie.

Censo de Poboación, Padrón Municipal, Nomenclátor, Densidade de Poboación, Transición Demográfica, Taxa de Natalidade, Taxa de Mortalidade, Taxa de Mortalidade Infantil, Taxa de Fecundidade, Crecemento Vexetativo, Réxime Demográfico, Emigración, Inmigración, Éxodo Rural, Movemento Pendular, Saldo Migratorio, Crecemento Real, Estrutura Demográfica, Esperanza de Vida, Taxa de Masculinidade, Índice de Envellecemento, Pirámide de Poboación.

Colocación, Situación, Hábitat Concentrado, Hábitat Disperso, Hábitat Urbano, Hábitat Rural, Urbanización, Área Periurbana, Función Urbana, Área de Influencia, Conurbación, Área Metropolitana, Solo Urbano, Solo Urbanizable, Solo Rural, Rede Urbana, Xerarquía Urbana, Plano Urbano, Plano Ortogonal, Plano Radioconcéntrico, Cidade Histórica, CBD, Ensanche, Cidade Xardín, Cidade Dormitorio, Arrabalde, Plan Xeneral de Ordenación Municipal.

Poboación Activa, Poboación Inactiva, Taxa de Actividade, Taxa de Paro, Sector Primario, Sector Secundario, Sector Terciario, Sector Terciario Superior, Terciarización.

Explotación Agraria, Explotación Intensiva, Explotación Extensiva, Parcela, Concentración Parcelaria, Minifundio, Latifundio, Secaño, Regadío, Monocultivo, Policultivo, Rotación de Cultivos, Superficie Agrícola Útil (SAU), Campos Abertos, Campos Cerrados, Agricultura a Tempo Parcial, Cultivo Forraxeiro, Estabulación Gandeira, Réxime de Tenencia, Caladoiro, Acuicultura, Rexión Pesqueira, Pesca de Altura, Pesca de Baixura, Mariscar.

Materia Prima, Fonte de Enerxía, Enerxía Hidroeléctrica, Enerxía Térmica, Enerxía Nuclear, Enerxías Alternativas, Industrialización, Reconversión Industrial, Agroindustria, Industria Básica, Industria de Bens de Consumo, Polígono Industrial, Parque Tecnolóxico, I+D.

Economía Somerxida, Autarquía, Produto Interior Bruto, Oferta, Demanda, Importación, Exportación, Arancel, Balanza de Pagamentos, Inflación, Déficit Comercial, Transnacional, Monopolio, Pequena e Mediana Empresa (PEME), Turismo, Globalización.

Cota Láctea, Política Agraria Común (PAC), Augas Xurisdicionais, Fondos Estruturais, Contaminación Atmosférica, Contaminación Acústica, Residuos Sólidos Urbanos, Contaminación Industrial, Chuvia Aceda, Efecto Invernadoiro, Deforestación, Desertización, Reciclaxe, UE.

D. HABILIDADES E DESETREZAS XEOGRÁFICAS BÁSICAS

Unha vez que se definiron os bloques de coñecemento, conceptos e termos orientadores da materia para as Probas de Acceso á Universidade, os aspectos xerais acerca das HABILIDADES E DESTREZAS correspondentes ós bloques previamente considerados son os seguintes:

BLOQUE 1. NATUREZA E MEDIO NATURAL EN ESPAÑA

O alumnado debe ser quen de comprender e traballar correctamente con:

- Perfís representativos do relevo peninsular
- Mapas temáticos do rochedo peninsular
- Mapas físicos mudos, para que o alumnado sitúe e comente sobre eles a disposición e caracteres fisiográficos das unidades maiores de relevo
- Mapas sinópticos de superficie, nos que alumnado identifique situacións atmosféricas básicas e diagramas termopluviométricos
- Gráficos de réximes fluviais
- Mapas de formacións vexetais e paisaxes bioclimáticas

BLOQUE 2. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS

O alumnado debe ser quen de comprender e traballar correctamente con:

- Análise de táboas de datos estatísticos
- Mapas temáticos das diversas variables socioeconómicas con repercusións espaciais - Noticias e textos xeográficos

BLOQUE 3. POBOACIÓN E URBANIZACIÓN

O alumnado debe ser quen de comprender e traballar correctamente con:

- Gráficos e diagramas de poboación
- Pirámides de poboación, análise e comentario
- Mapas temáticos
- Mapas de fluxos migratorios
- Planos urbanos
- Mapas de redes e xerarquías urbanas
- Noticias e textos xeográficos

BLOQUE 4. A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA. CONTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS

O alumnado debe ser capaz de comprender e traballar correctamente con:

- Secuencias de mapas históricos cos cambios nas divisións administrativas
- Mapas de Comunidades Autónomas e provincias
- Mapa de concellos e comarcas de Galicia
- Mapas temáticos de distintas variables (nivel de renda, densidades de poboación, desigualdades de variables socioeconómicas e demográficas etc.)

BLOQUE 5. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO

O alumnado debe ser quen de comprender e traballar correctamente con:

- Trazos básicos do mapa físico de Europa
- Mapa de países da UE e dos fitos da integración europea
- Desequilibrios territoriais na UE
- Táboas e documentos con carácter transversal para os demais bloques

As habilidades e destrezas deben potenciarse mediante as ferramentas de análise e coñecemento xeográfico, traballadas en tódolos bloques (cartografía, fontes de información, lectura e interpretación de imaxes de paisaxes, TIC etc.)

E. ESQUEMA XERAL DO COMENTARIO PRÁCTICO

Como orientacións xerais para a elaboración do comentario e interpretación das imaxes, textos e datos de natureza xeográfica, o Grupo de Traballo acordou sinala-las seguintes:

1.- Defini-la tipoloxía da imaxe: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.) así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas...).

2.- Localizala no espazo e no tempo: ámbito territorial considerado, secuencia temporal que abrangue e significación desta respecto ó fenómeno tratado (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, se o período temporal constitúe unha ou varias etapas de singular importancia).

3.- Centra-lo comentario (análise explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos (por exemplo, no caso dun diagrama climático termopluviométrico, no réxime de temperaturas e precipitacións) malia que convén aludir a outros feitos relacionados (neste caso, paisaxes bioclimáticas asociadas).

4.- Contrasta-los resultados da interpretación con aspectos ou feitos similares, noutros ámbitos espaciais, que axuden á comprensión e explicación do fenómeno (por exemplo, nos casos anteriormente citados, correntes de emigración comparables noutros países e/ou extensión territorial das condicións climáticas analizadas).

5.- Concluír cunha achega crítica ó tema, se hai lugar, no contexto da dinámica do mundo actual. Como exemplos, xuntámo-los gráficos que se propuxeron na convocatoria das PAAU de anos atrás.

Como exemplos, xuntámo-los gráficos que se propuxeron na convocatoria das PAAU de anos atrás.

 

 

II. ACERCA DA ESTRUTURA E VALORACIÓN DA PROBA DE ACCESO

A. CONSIDERACIÓNS PREVIAS

Os criterios orientadores anteriores non deben ser prescritivos, tendo en conta a liberdade do/a docente á hora de elabora-las súas propostas curriculares. O que pretende o Grupo é facilitar o labor cara ás probas de acceso. Por iso agora imos indica-los acordos a que chegou acerca da estrutura e valoración da proba.

B. ESTRUTURA DA PROBA

Conforme ó anterior, a proba intentará comproba-la competencia do alumnado no manexo dun vocabulario xeográfico axeitado; na capacidade de localización no espazo de diversos fenómenos e feitos xeográficos; na capacidade de construír, organizar e argumentar un tema referido ós bloques temáticos; e na capacidade de reflexionar, comentar e argumentar sobre un documento xeográfico.

Así, a proba estrutúrase en catro partes:

Primeira: definición breve de cinco conceptos ou termos xeográficos básicos relacionados cos bloques de coñecementos orientativos.

Segunda: exercicio de localización/identificación dunha serie de elementos xeográficos básicos, relacionados cos bloques de coñecementos e procedementos, a partir dun documento de referencia.

Terceira: desenvolvemento dunha cuestión xeográfica fundamental, referida ós temas principais dos bloques orientadores de coñecemento; por exemplo, e como suxestións de desenvolvemento:

* A evolución xeolóxica e as súas secuencias
* As formas do relevo no interior peninsular; a Meseta e os seus compartimentos
* Os rebordos montañosos da Meseta
* Mecanismos e factores do clima peninsular
* Os elementos do clima peninsular
* Os principais dominios climáticos na Península: características térmicas, pluviométricas e localización; dominio oceánico, mediterráneo, interior, montaña
* As grandes zonas de vexetación natural na Península Ibérica
* Características xerais dos ríos peninsulares: vertentes, caudal, réxime fluvial, recursos hídricos
* O movemento natural da poboación española: principais indicadores e evolución da natalidade; principais indicadores e evolución da mortalidade; o crecemento vexetativo da poboación española e a súa problemática actual
* Os fluxos migratorios: os movementos migratorios exteriores e interiores, evolución e situación actual, a inmigración recente
* O sistema de cidades e a xerarquía urbana: evolución e características xerais do proceso urbano español, a rede urbana española en Europa
* As paisaxes agrarias: contrastes e características
* O proceso de industrialización en España: causas do seu atraso, características e problemática actual, principais sectores industriais e as súas características
* Características xerais do transporte en España
* Os trazos do sector de servizos na actualidade: comercio, transporte e comunicacións, turismo. A terciarización da sociedade
* A organización político-administrativa do territorio español na actualidade

Cuarta: lectura, interpretación, explicación e análise crítica dun documento gráfico relacionado cos bloques orientadores de habilidades e destrezas xeográficas fundamentais; por exemplo:


* Perfís representativos do relevo
* Mapas temáticos do rochedo
* Mapas sinópticos de superficie
* Diagramas termopluviométricos
* Pirámides de poboación
* Mapas temáticos de actividade
* Planos urbanos
* Mapas de rangos urbanos
* Táboas de datos
* Textos e noticias xeográficas

C. VALORACIÓN DA PROBA

O Grupo decidiu, por unanimidade, introduci-las seguintes valoracións numéricas na proba:

A PRIMEIRA PREGUNTA obterá unha puntuación máxima de 2 puntos (0,4 por concepto definido correctamente). Requírese unha resposta breve (máximo cinco liñas) e concreta (utilizando termos con significado xeográfico), que cumpra o criterio fundamental de toda definición (non repeti-lo concepto que se debe definir nesta).

A SEGUNDA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 1 punto. Valorarase a localización/identificación dos elementos requiridos sobre unha secuencia prefigurada (liña, ruta, símbolo…) en documentos gráficos de diversa natureza (mapas hipsométricos, mapas temáticos etc.). Requírese unicamente cita-los devanditos elementos, non definilos nin desenvolver valoracións sobre estes; polo tanto, a resposta non debe sobrepasa-los límites establecidos (dúas ou tres liñas).

A TERCEIRA PREGUNTA posuirá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Solicítase que o alumnado responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é dicir, presentando a resposta baseándose nos caracteres xeográficos máis relevantes do tema: valorarase a organización de contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas, cunha linguaxe xeográfica adecuada. Requírese boa redacción sen faltas de ortografía. Aconséllase non sobrepasa-la extensión dun folio. Insístese en que o alumnado debe centrarse nos aspectos que se indican e que ten de evita-la divagación.

A CUARTA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) coma a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Con vistas a facilita-la resolución deste exercicio práctico lémbranse os puntos básicos ós que debe atende-la resposta:

1. Defini-la tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.) así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…).

2. Localizalo no espazo e no tempo; ámbito territorial considerado, secuencia temporal que abarca e significación desta respecto ó fenómeno tratado (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, se o período temporal constitúe unha ou varias etapas de singular importancia, ou no caso dun texto determinado, proceder á súa contextualización).

3. Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, na intensidade e dirección dos fluxos; no caso dun diagrama climático, no réxime de temperaturas e precipitacións) aludindo ós aspectos relacionados (nos casos anteriores: situación socioeconómica, política; situacións atmosféricas e paisaxes bioclimáticas asociadas).

4. Contrastar e comparar os resultados da interpretación con aspectos ou feitos similares, noutros ámbitos espaciais, que axuden á comprensión e explicación dos fenómenos (por exemplo, nos casos anteriormente citados, correntes de emigración comparables noutros países e períodos; diversificación e extensión territorial das condicións climáticas analizadas).

5. Achegar críticas sobre algún aspecto derivado da interpretación do fenómeno, se hai lugar, no contexto da dinámica europea e do mundo actual, e conclusións.

Alberto José Pazo Labrador Director do Grupo de Traballo de Xeografía (LOE)

 

Bibliografía suxerida


- ANUARIO ESTADÍSTICO DE ESPAÑA. Madrid, INE, periodicidade anual.

- BIELZA DE ORY, V. (dir.) (1989): Territorio y Sociedad en España. Madrid, Taurus (2 vols.).

- BOSQUE CANDEL, R. (2005): Síntesis de Geografía de España. Madrid, Globo.

- CALENDARIO ATLANTE DE AGOSTINI. Novara, Italia, periodicidade anual.

- COLECCIÓN “GEOGRAFÍA DE ESPAÑA”. Madrid, Síntesis, 1988 -1990 (18 tomos).

- FRANCO ALIAGA, T. (1998): Geografía Física de España. Madrid, UNED.

- GIL OLCINA, A. e GÓMEZ MENDOZA, J. (cord.) (2000): Geografía de España. Barcelona, Ariel.

- GÓMEZ BENITO, C. e GONZÁLEZ, J.J. (2002): Agricultura y sociedad en el cambio de siglo. Barcelona, McGraw Hill.

- GRAN ATLAS DE ESPAÑA (1989). Barcelona, Planeta (7 tomos).

- GRUPO ADUAR (2000): Diccionario de Geografía Urbana. Barcelona, Ariel.

- M.A.PA. (2004): Atlas de la España Rural.

- MATA OLMO, R. e SANZ HERRÁIZ, C. (crds.) (2003): Atlas de los paisajes de España. Madrid, Ministerio de Fomento.

- MÉNDEZ, R. e MOLINERO, F. (1993): Geografía de España. Barcelona, Ariel.

- PAZO LABRADOR, A.J. (2007): Nocións básicas de Xeografía Xeral Física para Mestres. As consecuencias xeográficas dos procesos naturais. Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

- SERRANO MARTÍNEZ, J.M. (2003): España en el nuevo milenio: realidad territorial y retos pendientes. Murcia, Universidad de Murcia.

- SOTELO NAVALPOTRO, J.A. e GARCÍA ALVARADO, J.M. (1999): La España de las Autonomías. Madrid, Síntesis.

- TERÁN, M. de e outros (1994): Geografía General de España. Barcelona, Ariel.

- VILÁ VALENTÍ, J. (1983): La Península Ibérica. Barcelona, Ariel.

- http://www.ine.es (Instituto Nacional de Estadística)
- http://www.aemet.es (Isntituto Nacional de Meterorología)
- http//age.es É moi interesante a páxina de recursos da Asociación de Geógrafos Españoles.
Accédese directamente no enderezo:

-http://www.ieg.csic.es/Age/recur_didacticos/index.htm -http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos/secundaria/sociales/geografia/index.php (Páxina de recursos moi amena e interesante)

Sobre Galicia:


-ATLAS DE GALICIA (1982). Sada, Sálvora, dous tomos.

-ATLAS DE GALICIA (1994). Vigo, Nigra.

-DICCIONARIO GALEGO DE XEOGRAFÍA (1993). Santiago, Xunta de Galicia.

-PÉREZ ALBERTI, A. (1986): A Xeografía. Vigo, Galaxia.

-PROYECTO GALICIA. GEOGRAFÍA. A Coruña, Hércules de Ediciones, S.A. (varias datas, varios tomos).

-SOUTO GONZÁLEZ, X.M. (1988): Xeografía Humana. Vigo, Galaxia.

-TORRES LUNA, M.P. de, PAZO LABRADOR, A.J. e SANTOS SOLLA, J.M. (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Santiago, Universidade.

- http://ige.eu (Instituto Galego de Estatística)


- http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos/secundaria/sociales/geografia/index.php
(Páxina de recursos moi amena e interesante)

II. ACERCA DA ESTRUTURA E VALORACIÓN DA PROBA DE ACCESO A. CONSIDERACIÓNS PREVIAS Os criterios orientadores anteriores non deben ser prescritivos, tendo en conta a liberdade do/a docente á hora de elabora-las súas propostas curriculares. O que pretende o Grupo é facilitar o labor cara ás probas de acceso. Por iso agora imos indica-los acordos a que chegou acerca da estrutura e valoración da proba. B. ESTRUTURA DA PROBA Conforme ó anterior, a proba intentará comproba-la competencia do alumnado no manexo dun vocabulario xeográfico axeitado; na capacidade de localización no espazo de diversos fenómenos e feitos xeográficos; na capacidade de construír, organizar e argumentar un tema referido ós bloques temáticos; e na capacidade de reflexionar, comentar e argumentar sobre un documento xeográfico. Así, a proba estrutúrase en catro partes: Primeira: definición breve de cinco conceptos ou termos xeográficos básicos relacionados cos bloques de coñecementos orientativos. Segunda: exercicio de localización/identificación dunha serie de elementos xeográficos básicos, relacionados cos bloques de coñecementos e procedementos, a partir dun documento de referencia. Terceira: desenvolvemento dunha cuestión xeográfica fundamental, referida ós temas principais dos bloques orientadores de coñecemento; por exemplo, e como suxestións de desenvolvemento: * A evolución xeolóxica e as súas secuencias * As formas do relevo no interior peninsular; a Meseta e os seus compartimentos * Os rebordos montañosos da Meseta * Mecanismos e factores do clima peninsular * Os elementos do clima peninsular * Os principais dominios climáticos na Península: características térmicas, pluviométricas e localización; dominio oceánico, mediterráneo, interior, montaña * As grandes zonas de vexetación natural na Península Ibérica * Características xerais dos ríos peninsulares: vertentes, caudal, réxime fluvial, recursos hídricos * O movemento natural da poboación española: principais indicadores e evolución da natalidade; principais indicadores e evolución da mortalidade; o crecemento vexetativo da poboación española e a súa problemática actual * Os fluxos migratorios: os movementos migratorios exteriores e interiores, evolución e situación actual, a inmigración recente * O sistema de cidades e a xerarquía urbana: evolución e características xerais do proceso urbano español, a rede urbana española en Europa * As paisaxes agrarias: contrastes e características * O proceso de industrialización en España: causas do seu atraso, características e problemática actual, principais sectores industriais e as súas características * Características xerais do transporte en España * Os trazos do sector de servizos na actualidade: comercio, transporte e comunicacións, turismo. A terciarización da sociedade * A organización político-administrativa do territorio español na actualidade Cuarta: lectura, interpretación, explicación e análise crítica dun documento gráfico relacionado cos bloques orientadores de habilidades e destrezas xeográficas fundamentais; por exemplo: * Perfís representativos do relevo * Mapas temáticos do rochedo * Mapas sinópticos de superficie * Diagramas termopluviométricos * Pirámides de poboación * Mapas temáticos de actividade * Planos urbanos * Mapas de rangos urbanos * Táboas de datos * Textos e noticias xeográficas C. VALORACIÓN DA PROBA O Grupo decidiu, por unanimidade, introduci-las seguintes valoracións numéricas na proba: A PRIMEIRA PREGUNTA obterá unha puntuación máxima de 2 puntos (0,4 por concepto definido correctamente). Requírese unha resposta breve (máximo cinco liñas) e concreta (utilizando termos con significado xeográfico), que cumpra o criterio fundamental de toda definición (non repeti-lo concepto que se debe definir nesta). A SEGUNDA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 1 punto. Valorarase a localización/identificación dos elementos requiridos sobre unha secuencia prefigurada (liña, ruta, símbolo…) en documentos gráficos de diversa natureza (mapas hipsométricos, mapas temáticos etc.). Requírese unicamente cita-los devanditos elementos, non definilos nin desenvolver valoracións sobre estes; polo tanto, a resposta non debe sobrepasa-los límites establecidos (dúas ou tres liñas). A TERCEIRA PREGUNTA posuirá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Solicítase que o alumnado responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é dicir, presentando a resposta baseándose nos caracteres xeográficos máis relevantes do tema: valorarase a organización de contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento e a capacidade de establecer relacións comparativas, cunha linguaxe xeográfica adecuada. Requírese boa redacción sen faltas de ortografía. Aconséllase non sobrepasa-la extensión dun folio. Insístese en que o alumnado debe centrarse nos aspectos que se indican e que ten de evita-la divagación. A CUARTA PREGUNTA terá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a súa comprensión (lectura) coma a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Con vistas a facilita-la resolución deste exercicio práctico lémbranse os puntos básicos ós que debe atende-la resposta: 1. Defini-la tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.) así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…). 2. Localizalo no espazo e no tempo; ámbito territorial considerado, secuencia temporal que abarca e significación desta respecto ó fenómeno tratado (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, se o período temporal constitúe unha ou varias etapas de singular importancia, ou no caso dun texto determinado, proceder á súa contextualización). 3. Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, na intensidade e dirección dos fluxos; no caso dun diagrama climático, no réxime de temperaturas e precipitacións) aludindo ós aspectos relacionados (nos casos anteriores: situación socioeconómica, política; situacións atmosféricas e paisaxes bioclimáticas asociadas). 4. Contrastar e comparar os resultados da interpretación con aspectos ou feitos similares, noutros ámbitos espaciais, que axuden á comprensión e explicación dos fenómenos (por exemplo, nos casos anteriormente citados, correntes de emigración comparables noutros países e períodos; diversificación e extensión territorial das condicións climáticas analizadas). 5. Achegar críticas sobre algún aspecto derivado da interpretación do fenómeno, se hai lugar, no contexto da dinámica europea e do mundo actual, e conclusións. En Santiago de Compostela, a 1 de febreiro de 2010 Fdo.: Alberto José Pazo Labrador Director do Grupo de Traballo de Xeografía (LOE) Bibliografía suxerida - ANUARIO ESTADÍSTICO DE ESPAÑA. Madrid, INE, periodicidade anual. - BIELZA DE ORY, V. (dir.) (1989): Territorio y Sociedad en España. Madrid, Taurus (2 vols.). - BOSQUE CANDEL, R. (2005): Síntesis de Geografía de España. Madrid, Globo. - CALENDARIO ATLANTE DE AGOSTINI. Novara, Italia, periodicidade anual. - COLECCIÓN “GEOGRAFÍA DE ESPAÑA”. Madrid, Síntesis, 1988-1990 (18 tomos). - FRANCO ALIAGA, T. (1998): Geografía Física de España. Madrid, UNED. - GIL OLCINA, A. e GÓMEZ MENDOZA, J. (cord.) (2000): Geografía de España. Barcelona, Ariel. - GÓMEZ BENITO, C. e GONZÁLEZ, J.J. (2002): Agricultura y sociedad en el cambio de siglo. Barcelona, McGraw Hill. - GRAN ATLAS DE ESPAÑA (1989). Barcelona, Planeta (7 tomos). - GRUPO ADUAR (2000): Diccionario de Geografía Urbana. Barcelona, Ariel. - M.A.PA. (2004): Atlas de la España Rural. - MATA OLMO, R. e SANZ HERRÁIZ, C. (crds.) (2003): Atlas de los paisajes de España. Madrid, Ministerio de Fomento. - MÉNDEZ, R. e MOLINERO, F. (1993): Geografía de España. Barcelona, Ariel. - PAZO LABRADOR, A.J. (2007): Nocións básicas de Xeografía Xeral Física para Mestres. As consecuencias xeográficas dos procesos naturais. Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. - SERRANO MARTÍNEZ, J.M. (2003): España en el nuevo milenio: realidad territorial y retos pendientes. Murcia, Universidad de Murcia. - SOTELO NAVALPOTRO, J.A. e GARCÍA ALVARADO, J.M. (1999): La España de las Autonomías. Madrid, Síntesis. - TERÁN, M. de e outros (1994): Geografía General de España. Barcelona, Ariel. - VILÁ VALENTÍ, J. (1983): La Península Ibérica. Barcelona, Ariel. - http://www.ine.es (Instituto Nacional de Estadística) - http://www.aemet.es (Isntituto Nacional de Meterorología) - http//age.es É moi interesante a páxina de recursos da Asociación de Geógrafos Españoles. Accédese directamente no enderezo: http://www.ieg.csic.es/Age/recur_didacticos/index.htm - http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos/secundaria/sociales/geografia/index.php (Páxina de recursos moi amena e interesante) Sobre Galicia: - ATLAS DE GALICIA (1982). Sada, Sálvora, dous tomos. - ATLAS DE GALICIA (1994). Vigo, Nigra. - DICCIONARIO GALEGO DE XEOGRAFÍA (1993). Santiago, Xunta de Galicia. - PÉREZ ALBERTI, A. (1986): A Xeografía. Vigo, Galaxia. - PROYECTO GALICIA. GEOGRAFÍA. A Coruña, Hércules de Ediciones, S.A. (varias datas, varios tomos). - SOUTO GONZÁLEZ, X.M. (1988): Xeografía Humana. Vigo, Galaxia. - TORRES LUNA, M.P. de, PAZO LABRADOR, A.J. e SANTOS SOLLA, J.M. (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Santiago, Universidade. - http://ige.eu (Instituto Galego de Estatística) - http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos/secundaria/sociales/geografia/index.php (Páxina de recursos moi amena e interesante)