GAL |     

Preguntas frecuentes sobre ABAU

Non.

Se un/unha estudante se presenta á parte obrigatoria, debe facelo de forma completa, ás cinco materias desta parte: Lingua castelá e literatura II, Lingua galega e literatura II, Historia de España II, Primeira lingua estranxeira II e a materia xeral do bloque de materias troncais que cursou segundo a modalidade ou o itinerario de bacharelato cursado (Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II ou Fundamentos da arte II). Se non se presenta a algunha destas materias será cualificado cun 0 nesa materia. Non se garda ningunha nota das materias da fase obrigatoria para outras convocatorias.

Unha vez superada a parte obrigatoria (0,6*NMB + 0,4*NFO ≥ 5), a nota de admisión dun mesmo/a estudante pode variar para cada titulación:

Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*NFO + a1*M1 + a2*M2

sendo a1 e a2 as porcentaxes de ponderación das materias M1 e M2 para esa titulación, e M1 e M2 as cualificacións das dúas materias cursadas polo/a estudante, tal que a1*M1 + a2*M2 é a nota máis favorable para esa titulación.

Si. 

A nota da parte obrigatoria é unha única cualificación e consérvase a mellor das cualificacións. 

Na  parte voluntaria, consérvase a mellor cualificación de cada unha das materias das que te examines. Cada nota de materias da parte voluntaria só se conserva durante dous cursos académicos. 

Debe de terse en conta que no proceso de admisión ten prioridade o estudantado que ten superada a ABAU na convocatoria ordinaria ou anteriores, polo que se melloras a nota de admisión esta non terá efectos ata o curso seguinte. 

Non, non é posible. Nese caso tamén estaría caducada como materia da parte voluntaria.

 

Non, non se pode. Segunda lingua é unha única materia. Unha persoa só pode examinarse unha vez de cada materia, en particular da denominada "segunda lingua" aínda que a oferta sexa de distintas linguas.

 

 

 

Non.

Na parte obrigatoria hai que examinarse do idioma estranxeiro cursado como primeira lingua estranxeira no bacharelato.

Si.

Na parte voluntaria podes examinarte como segunda lingua dun idioma estranxeiro cursado ou non cursado que sexa distinto do cursado como primeira lingua (artigo 3 da Orde PCI/12/2019, do 14 de xaneiro). Os idiomas estranxeiros que se recollen nas ABAU, tanto para primeira lingua coma para segunda lingua, son inglés, francés, italiano, alemán ou portugués.

Tes que examinarte da mesma materia cursada como obrigatoria da modalidade.

Poderaste examinar na parte obrigatoria de Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II se e a materia cursada como obrigatoria da Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.

Justificación:

A “RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25 (DOG de 27-2-2024)” 

di que:

“2. A parte obrigatoria da proba versará sobre as seguintes materias correspondentes ao segundo curso de bacharelato: Lingua Castelá e Literatura II; Lingua Estranxeira II; Lingua Galega e Literatura II; Historia de España ou Historia da Filosofía, a elección do alumnado no momento da matrícula nas probas, e sobre a materia obrigatoria cursada da modalidade.

Non,

A “RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25 (DOG de 27-2-2024)” 

di que:

“2. A parte obrigatoria da proba versará sobre as seguintes materias correspondentes ao segundo curso de bacharelato: Lingua Castelá e Literatura II; Lingua Estranxeira II; Lingua Galega e Literatura II; Historia de España ou Historia da Filosofía, a elección do alumnado no momento da matrícula nas probas, e sobre a materia obrigatoria cursada da modalidade.

Non.

A Normativa establece que estará exento o alumnado que se INCORPORASE ao Sistema educativo de Galicia coa exención desta materia.

Non alcanza ao alumnado que estuda en Galicia e estuda menos de catro cursos fora.

As exencións de Galego están reguladas no Decreto 79/2010, do 20 de maio, e na ORDE do 10 de febreiro de 2014 (DOG de 19-2-2014)  pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio.

Como conclusión desta normativa:

Non está exento o alumnado que estuda en Galicia e cursa 2º de Bacharelato fóra de Galicia ou estuda menos de catro cursos fóra.

Ten dereito a exención de Lingua e literatura galega II nas ABAU o alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia en 4º de ESO ou en Bacharelato, ou o alumnado que estude fóra de Galicia os catro cursos de ESO ou 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Se estás exento/a de Lingua e literatura galega II de segundo de bacharelato, non tes que examinarte de galego nas ABAU e a túa nota será a media das catro materias da parte obrigatoria.

A materia troncal de modalidade da parte obrigatoria é sempre a mesma, pois ten que ser a cursada como troncal de modalidade en bacharelato.

As materias da parte voluntaria poden cambiarse en cada convocatoria das ABAU.

Si.

Esta é unha materia pertencente a parte obrigatoria, se pode elexir entre Historia de España e Historia da Filosofía.

Non.

Todo o estudantado que se presente á parte obrigatoria ten que examinarse nesta parte de Lingua castelá e literatura II, Lingua galega e literatura II, Historia de España II ou Historia da Filosofía II, Primeira lingua estranxeira II e da materia xeral do bloque de materias troncais que cursou segundo a modalidade ou o itinerario de bacharelato cursado (Debuxo Artístico II; Análise Musical II ou Artes Escénicas II; Matemáticas II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II; Latín II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II; Ciencias Xerais).

 

Si.

Na parte voluntaria un/unha estudante pode examinarse de materias cursadas ou non cursadas no bacharelato.

Si.

O estudantado de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidade e Ciencias Sociais examinarase na parte obrigatoria das matemáticas que cursou como Materia de modalidade e poden examinarse da outra na parte voluntaria.

 

Non.

Hai unha audición que forma parte do exame de Primeira lingua estranxeira, pero este ano 2020 está suspendida como consecuencia da reorganización dos exames.

Si, se a cualificación é igual ou superior a 5 puntos.

Un/Unha estudante pode ter un máximo de cinco materias que lle ponderan: as catro da parte voluntaria e a troncal xeral de modalidade da parte obrigatoria. O sistema informático collerá, para cada titulación universitaria, as cualificacións das dúas (de entre estas cinco materias) que mellor nota de admisión lle resulte ao/á estudante.

Si, se a cualificación é igual ou superior a 5 puntos.

A cualificación desta materia utilízase dúas veces: para calcular a media das cinco materias da parte obrigatoria e tamén para ponderar, xunto ás outras catro (como máximo) da parte voluntaria que se utilizan, para calcular a nota de admisión.

Si.

Calquera estudante pode matricularse na parte voluntaria das materias que desexe. Un/Unha estudante que curse un bacharelato de, por exemplo, ciencias sociais pode examinarse na parte voluntaria de materias desa especialidade ou de calquera das outras especialidades.

Non.

Non é unha materia obxecto de exame.

Podes consultar na nosa web dentro de probas de acceso ABAU, as materias obxecto de exame.

A estrutura dos exames das ABAU pódese consultar na páxina web da CiUG. Tamén se poden ver os exames de cursos anteriores e os criterios de corrección.

Este estudantado, se obtivo o título de bacharel mediante a superación das materias co­múns, de acordo ao establecido no artigo 25 do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, poderá substituír a materia obrigatoria de modalida­de pola materia que non escollese previamente ao optar entre Historia de España e Historia da Filosofía.

Orden PJC/39/2024, de 24 de enero, por la que se determinan las características, el diseño y el contenido de la evaluación de Bachillerato para el acceso a la universidad, y las fechas máximas de realización y de resolución de los procedimientos de revisión de las calificaciones obtenidas, en el curso 2023-2024 e

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25. Disposición adicional terceira. Alumnado que obtivera o título de bacharel desde ou­tras ensinanzas.

Seguindo o marco lexislativo en vigor, establécese un único proceso de revisión. Neste novo proceso de revisión analizarase en primeiro lugar se houbo algún erro material na corrección (preguntas sen corrixir ou erros nas sumas). No caso de existir algún erro material modificarase a cualificación, tanto á alza coma á baixa. Esta cualificación, P, pasa a ser a nova cualificación provisoria.

Deseguido realízase unha segunda corrección por un novo corrector/a. Se esta segunda cualificación, S, ten unha diferenza menor de dous puntos con P, a cualificación definitiva será a media aritmética: (S+P)/2. Se a diferenza entre S e P é de dous ou máis puntos, un terceiro corrector/a efectuará unha nova corrección, indicada por T, e a cualificación definitiva será a media aritmética das tres: (P+S+T)/3.

Si.

Debes solicitar que exames desexas ver corrixidos, despois do proceso de revisión.

Non.

A segunda lingua estranxeira non pode coincidir coa que cursaches como primeira lingua estranxeira, pois a parte voluntaria é válida para as dúas vías de acceso (artigo 3 da Orde PCM/58/2022 de 2 de febreiro, similar a de cursos anteriores.

Se non te examinaches da parte obrigatoria das ABAU podes examinarte pois non está expresamente prohibido por ningunha norma.

Se te examinaches da parte obrigatoria das ABAU entón a segunda lingua estranxeira non pode coincidir coa que te examinaches como primeira lingua (artigo 3.3. da Orde PCM/58/2022, de 2 de febrero).

Si.

Nas normas de realización do exame, de obrigado cumprimento para todo o alumnado da ABAU, aparece indicado a obrigatoriedade de que todos os alumnos e alumnas deberán ter os pavillóns auditivos despexados para verificar que non se usan dispositivos auditivos non permitidos.

En consecuencia, o uso do pano na cabeza está permitido sempre e cando permita cumprir a anterior norma.

Si, pero hai que ter en conta se o país dos estudos ten convenio de acceso con España ou non. As condicións do acceso determínaas a UNED.

Podes acceder se reúnes os requisitos de acceso á universidade no teu país de orixe.

Tes que solicitarlle á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) unha credencial que acredite que reúnes os requisitos de acceso á universidade no teu país de orixe. A credencial é un título suficiente para o acceso, e este ordenarase de acordo coa cualificación que figure na credencial.

Aínda que non é obrigatorio realizar as probas de acceso á universidade, se desexas aumentar as posibilidades de acceso, podes mellorar a nota media ata 4 puntos mediante a realización da fase voluntaria das probas. Se es estudante de sistemas educativos da Unión Europea, podes facelo a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Se xa tes a credencial da UNED e tes residencia en Galicia, podes examinarte da parte voluntaria das ABAU a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

Podes acceder homologando os teus estudos ao sistema educativo español. A cualificación tras a homologación é a nota de acceso aos estudos universitarios.

Os trámites de homologación dos estudos pódense realizar no Ministerio de Educación ou nas comisións de educación das embaixadas de España no exterior. Se o enderezo postal que indicas na solicitude se atopa en Galicia, podes realizar o trámite a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A credencial de homologación é título suficiente para o acceso á universidade. Este ordenarase atendendo á cualificación da credencial de homologación.

Aínda que non é obrigatorio realizar as probas de acceso á universidade, se desexas aumentar as posibilidades de acceso podes mellorar a nota media ata 4 puntos mediante a realización da fase voluntaria das probas. Podes facelo a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Se tes residencia en Galicia, podes examinarte da fase voluntaria das ABAU a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

A solicitude de homologación, no caso de que estea pendente de resolución, ten un valor de 5 puntos, condicionada a concesión da homologación. Esta nota poderá modificarse cando se resolva a homologación, co valor que se che recoñeza para as titulacións que non teñan todas as prazas cubertas.

Se a homologación se resolve negativamente, causará baixa na universidade sen que os estudos cursados causen ningún efecto.

Si.

Non hai ningunha normativa que o impida. En concreto, un alumno/a de EUA pode presentarse a inglés e un alumno brasileiro/a pode presentarse a portugués.

Non.

Só podes examinarte da parte voluntaria. A túa nota de acceso á universidade é a que figura no título homologado. Se queres subir a nota de admisión, podes examinarte da parte voluntaria para sumarlle á nota de acceso as notas da parte voluntaria coas ponderacións que correspondan.

Os exames das PCE da UNED poden consultarse na páxina web desta universidade.

Á proba ABAU tes que levar o documento nacional de identidade (DNI) ou documento identificativo (pasaporte, permiso de residencia etc.), o resgardo de matricula e xustificantes de pagamento para as probas e un bolígrafo ou pluma de tinta azul ou negra indeleble (imborrable).

Se é o caso, tamén material axeitado para realizar o exercicio correspondente ás materias de deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico-plásticas, o dicionario de latín‐español ou grego‐español, e unha calculadora non programable e que non teña capacidade gráfica para os exercicios de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Ciencias Xerais, Física, Química, Empresa e deseño de modelos de negocio e Tecnoloxía e Enxeñaría II.

No exame de Latín II poderás utilizar o dicionario de latín-español/galego. Permitirase o uso do seu apéndice gramatical, sempre que forme parte orixinal e inseparable do mesmo. Non se permitirán as páxinas (interiores ou apéndices) con contidos literarios e de evolución do latín ao castelán ou ao galego. Neste caso deberalo comunicar aos membros da Comisión Delegada, que gramparán ou separarán as páxinas mencionadas antes do comezo do exame.
No exame de Grego II poderás utilizar calquera dicionario de grego-español/galego incluíndo o apéndice gramatical que poida levar anexo ese dicionario como parte orixinal e inseparable. Non estará permitido ningún caderno solto nin ningún engadido ao dicionario que non sexa orixinal.

No exame de Tecnoloxía e Enxeñaría II poderás utilizar a regra, escuadra e cartabón.

 

Cando o resultado da media ponderada do 60 % da nota media de bacharelato (NMB) e do 40 % da media das cinco materias da fase obrigatoria (NFO) sexa igual ou superior a 5 e a nota da fase obrigatoria (NFO) sexa igual ou superior a 4:

0,6*NMB + 0,4*NFO ≥ 5
NFO ≥ 4

Si

O Artigo 27.4 da Orde de 24 de marzo de 2011 (DOG do 4 de abril) permite que estes estudantes realicen a parte voluntaria.

O centro de Formación Profesional ten que traspasar o expediente de XADE a Nerta. O expediente figurará como traspasado pendente de Formación en Centros de Traballo (FCT).

 

Si

Podes matricularte das materias da parte voluntaria.

O centro de FP onde estás cursando o Ciclo de FP ten que traspasar o teu expediente a Nerta, que figurará como pendente da FCT.

A continuación tes dúas opcións:

  • Facer unha pre-matrícula nese mesmo centro de FP para que che creen unha conta de usuario na aplicación informática Nerta. Coas credenciais de Nerta xa podes darte de alta e facer o pagamento das taxas mediante a pasarela de pago da aplicación.
  • Enviar a documentación o Lerd correspondente xunto co xustificante de ter pagado as taxas para formalizar a túa matrícula. Podes consultar o procedemento de matrícula anticipada na Convocatoria de Matrícula da ABAU que atoparás nesta páxina web.

O Alumnado que estuda no Conservatorio pode solicitar equivalencias de materias do Grao Profesional ao Bacharelato. Estas equivalencias repercuten na nota media de Bacharelato (NMB) e, polo tanto, na nota da parte obrigatoria da ABAU.

Cando se suben os datos de Bacharelato a Nerta xa inclúen estas equivalencias.