Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

Tecnoloxía Industrial II
TecnoloxíaGrupo de traballoContidos/CriteriosModelo de exameBibliografía
Contidos agrupados por criterio de avaliación
Criterio de avaliación Contidos relacionados
1. Seleccionar materiais para unha aplicación práctica determinada, considerando, ademais das súas pro­piedades intrínsecas, factores técnicos relacionados coa súa estrutura interna, económicos e ambientais. Analizar o uso dos novos materiais como alternativa aos empregados tradicionalmente.
Trátase de comprobar se se saben aplicar os conceptos relativos ás técnicas de ensaio e medida de propiedades, para elixir o material idóneo nunha aplicación real, valorando criticamente os efectos que leva consigo o emprego do material seleccionado.

Contidos comúns

  • Elaboración dun conxunto de características técnicas dos materiais adecuadas ao contexto no que deben aplicarse.
  • Realización de ensaios procurando o uso correcto dos recursos materiais e das ferramentas.
  • Verificación de que se cumpren as especificacións previstas dos materiais.

Investigación de aspectos históricos e científicos dos materiais, xerais e específicos de Galicia, relevantes para a realización dos traballos desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico.

  • Emprego das TIC para a presentación de obxectivos e de resultados.

Materiais
Estrutura interna e propiedades. Técnicas de modificación das propiedades.
Novos materiais: polímeros, materiais compostos, materiais nanoestruturados, cerámicas especiais. O papel da ciencia no desenvolvemento destes materiais.
Oxidación e corrosión. Técnicas de protección Tratamentos superficiais.
Procedementos de ensaio e medida de propiedades básicas dos materiais.
Procedementos de reciclaxe e reutilización. Importancia cotiá, social e económica do aforro de materiais.
Normas de precaución e seguranza no manexo de materiais.

2. Determinar as condicións nominais de fun­cio­namento dunha máquina ou instalación a partir das súas características de uso.
Con este criterio búscase coñecer a capacidade para identificar os parámetros principais do funcionamento dun produto técnico ou instalación.

Contidos comúns

  • Análise de obxectos e montaxes para a elaboración dun conxunto de características técnicas adecuadas ao contexto no que deben aplicarse.
  • Realización de cálculos e elaboración de planos e esquemas.
  • Realización de ensaios procurando o uso correcto dos recursos materiais e das ferramentas..
  • Comprobación de que se cumpren as especificacións previstas.
  • Investigación de aspectos históricos e científicos sobre a evolución das normas aplicables relevantes para a determinar as condición de traballo desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico.
  • Emprego das TIC para a realización de cálculos e simulacións e para a presentación de obxectivos e de resultados.

Principios de máquinas
Motores térmicos alternativos e rotativos. Principios de funcionamento. Aplicacións comúns.
Motores eléctricos: tipos e principios de funcionamento. Aplicacións características.
Circuíto frigorífico e bomba de calor: principios de funcionamento, elementos e aplicacións típicas.
Enerxía útil. Potencia dunha máquina. Par motor no eixe. Perdas de enerxía nas máquinas. Rendemento.
Sistemas automáticos
Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores, captadores e actuadores.
Estrutura dun sistema automático. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.
Simulación, montaxe e experimentación de circuítos sinxelos de control. Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos.
Técnicas de produción, condución e depuración de fluídos. Caudal. Perda de carga.
Elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxía.
Interpretación de esquemas elementais.
Deseño, simulación, montaxe e experimentación de circuítos pneumáticos característicos.
Control e programación de sistemas automáticos
Circuítos lóxicos combinacionais. Portas e funcións lóxicas. Procedementos de simplificación de circuítos lóxicos. Aplicación ao control do funcionamento dun dispositivo.
Circuítos lóxicos secuenciais.
Circuítos de control programado. Programación ríxida e flexible.

3. Identificar as partes de motores térmicos e eléc­tricos e describir o seu principio de funcionamento.
Preténdese comprobar se se aplican os conceptos básicos da termodinámica e da electrotecnia na determinación dos parámetros que definen o uso dos motores térmicos e eléctricos, analizando a función de cada compoñente no funcionamento global da máquina.

Contidos comúns
Análise de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións a problemas técnicos específicos e mais elaboración dun conxunto de características técnicas adecuadas ao contexto no que deben aplicarse.

  • Realización de cálculos e elaboración de documentos e planos.

Principios de máquinas
Motores térmicos alternativos e rotativos. Principios de funcionamento. Aplicacións comúns.
Motores eléctricos: tipos e principios de funcionamento. Aplicacións características.
Circuíto frigorífico e bomba de calor: principios de funcionamento, elementos e aplicacións típicas.
Enerxía útil. Potencia dunha máquina. Par motor no eixe. Perdas de enerxía nas máquinas. Rendemento.

4. Analizar a composición dunha máquina ou sistema automático de uso común e identificar os elementos de mando, control e potencia. Explicar a función que corresponde a cada un deles.
Trátase de comprobar se se identifican, nun automatismo de uso habitual, os elementos responsables do seu funcionamento.

Contidos comúns

  • Análise de obxectos e sistemas automáticos para identificar os seus elementos e describir o seu funcionamento e o conxunto de características técnicas que son as adecuadas para o contexto no que deben aplicarse.
  • Investigación de aspectos históricos e científicos da evolución dunha máquina ou sistema automático de uso común relevantes desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico.

Sistemas automáticos
Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores, captadores e actuadores.
Estrutura dun sistema automático. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.
Simulación, montaxe e experimentación de circuítos sinxelos de control. Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos.
Técnicas de produción, condución e depuración de fluídos. Caudal. Perda de carga.
Elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxía.
Interpretación de esquemas elementais.
Deseño, simulación, montaxe e experimentación de circuítos pneumáticos característicos.
Control e programación de sistemas automáticos
Circuítos lóxicos combinacionais. Portas e funcións lóxicas. Procedementos de simplificación de circuítos lóxicos. Aplicación ao control do funcionamento dun dispositivo.
Circuítos lóxicos secuenciais.
Circuítos de control programado. Programación ríxida e flexible.

5. Aplicar os recursos gráficos e técnicos apropiados para describir a composición e funcionamento dunha máquina, circuíto ou sistema tecnolóxico concreto.
Con este criterio quérese valorar en que medida se utilizan o vocabulario adecuado, os coñecementos adquiridos sobre simboloxía e representación normalizada de circuítos, a organización esquemática de ideas, as relacións entre elementos e secuencias de efectos nun sistema.

Contidos comúns

  • Análise de planos e documentos de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións a problemas técnicos específicos.
  • Elaboración de documentos e planos.

Investigación de aspectos históricos e científicos, xerais e específicos de Galicia, relevantes para a realización dos traballos desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico.

  • Investigación dos aspectos técnicos da evolución da representación gráfica dos obxectos técnicos.
  • Emprego das TIC para a realización de simulacións e para a presentación de obxectivos e de resultados.

Principios de máquinas
Motores térmicos alternativos e rotativos. Principios de funcionamento. Aplicacións comúns.
Motores eléctricos: tipos e principios de funcionamento. Aplicacións características.
Circuíto frigorífico e bomba de calor: principios de funcionamento, elementos e aplicacións típicas.
Enerxía útil. Potencia dunha máquina. Par motor no eixe. Perdas de enerxía nas máquinas. Rendemento.
Sistemas automáticos
Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores, captadores e actuadores.
Estrutura dun sistema automático. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.
Simulación, montaxe e experimentación de circuítos sinxelos de control. Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos.
Técnicas de produción, condución e depuración de fluídos. Caudal. Perda de carga.
Elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxía.
Interpretación de esquemas elementais.
Deseño, simulación, montaxe e experimentación de circuítos pneumáticos característicos.
Control e programación de sistemas automáticos
Circuítos lóxicos combinacionais. Portas e funcións lóxicas. Procedementos de simplificación de circuítos lóxicos. Aplicación ao control do funcionamento dun dispositivo.
Circuítos lóxicos secuenciais.
Circuítos de control programado. Programación ríxida e flexible.

6. Montar un circuíto pneumático a partir do plano ou dos esquemas dunha aplicación característica.
Preténdese verificar que se é capaz de interpretar o plano dunha instalación, recoñecer o significado dos seus símbolos, seleccionar os compoñentes correspondentes e conectalos, sobre unha armazón ou nun simulador, de acordo coas indicacións do plano, para compoñer un circuíto que ten unha utilidade determinada.

Contidos comúns
Análise de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións pneumáticas a problemas técnicos específicos, e elaboración dun conxunto de características técnicas adecuadas ao contexto no que deben aplicarse.

  • Interpretación de documentos e planos de circuítos pneumáticos.
  • Comprobación de que se cumpren as especificacións previstas.
  • Investigación de aspectos históricos e científicos, xerais e específicos de Galicia, relevantes para o deseño de sistemas pneumáticos desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico.
  • Emprego das TIC para a realización de cálculos e simulacións e para a presentación de obxectivos e de resultados.

Sistemas automáticos
Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores, captadores e actuadores.
Estrutura dun sistema automático. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.
Simulación, montaxe e experimentación de circuítos sinxelos de control. Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos.
Técnicas de produción, condución e depuración de fluídos. Caudal. Perda de carga.
Elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxía.
Interpretación de esquemas elementais.
Deseño, simulación, montaxe e experimentación de circuítos pneumáticos característicos.

7. Montar e comprobar un circuíto de control dun sistema automático a partir do plano ou esquema dunha aplicación característica.
Avaliarase a capacidade de interpretar os esquemas de conexións de circuítos de control de tipo electromecánico, electrónico, pneumático e hidráulico; seleccionar e conectar de forma adecuada os compoñentes e verificar o seu correcto funcionamento.

Contidos comúns
Análise de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións a problemas de automática, e elaboración dun conxunto de características técnicas adecuadas ao contexto no que deben aplicarse.

  • Interpretación de documentos e planos de circuítos pneumáticos.
  • Comprobación de que se cumpren as especificacións previstas.
  • Investigación de aspectos históricos e científicos, xerais e específicos de Galicia, relevantes para o deseño de sistemas automáticos desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico.