De acordo cos contidos da materia de segundo curso de bacharelato que están fundamentados nos contidos do curso anterior que deberán de coñecer.
BLOQUE 1. CALCULOS NUMÉRICOS ELEMENTAIS EN QUÍMICA
- Substancias químicas. Masa atómica, masa molecular, mol.
- Composición centesimal dun composto. Determinación da fórmula dun composto por análise elemental. Determinación de fórmulas empíricas e moleculares.
- Mesturas homoxéneas: mesturas de gases e disolucións líquidas. Formas de expresar a concentración das disolucións: porcentaxe en peso e volume, masa/volume, molaridade, molalidade, fracción molar.
- Comportamento dos gases en condicións ideais. Ecuación de estado. Lei de Dalton das presións parciais. Determinación da masa molecular dun gas a partir dos valores de magnitudes relacionadas coa ecuación de estado.
- Reacción química. Ecuación química. Cálculos estequiométricos: reactivo limitante e reactivo en exceso, reaccións nas que participan gases e/ou substancias en disolución, reactivos cun determinado grao de pureza, rendemento dunha reacción.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
- Formularanse cuestións, exercicios e problemas relacionados cos apartados anteriores.
- Presentaranse preguntas sobre as actividades de laboratorio relacionadas con: preparación de disolucións de ácidos, bases e sales, partindo de produtos comerciais. Dilución de disolucións.
BLOQUE 2. ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS
- Orixes da teoría cuántica. Hipótese de Planck. Efecto fotoeléctrico. Espectros atómicos.
- Modelo atómico de Bohr e as súas limitacións.
- Introdución á mecánica cuántica. Hipótese de De Broglie. Principio de Heisenberg. Mecánica ondulatoria.
- Orbitais atómicos. Números cuánticos. Configuracións electrónicas.
- Sistema periódico: clasificación periódica dos elementos. Variación periódica das propiedades dos elementos.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
- Bastará que o alumno/a domine o modelo de Böhr no aspecto cualitativo.
- Formularánse cuestións relacionadas cos valores dos números cuánticos e do seu significado, así como das configuracións electrónicas.
- Xustificar a ordenación dos elementos con interpretación das semellanzas entre eles e a variación periódica dalgunhas das súas propiedades: raio atómico e iónico, electronegatividade, enerxía de ionización e afinidade electrónica.
BLOQUE 3. ENLACE QUÍMICO E PROPIEDADES DAS SUBSTANCIAS
- Concepto de enlace en relación coa estabilidade enerxética dos átomos enlazados.
- Enlace iónico. Concepto de enerxía de rede. Ciclo de Born-Haber. Propiedades das substancias iónicas.
- Enlace covalente. Parámetros moleculares. Modelos de enlace covalente. Enlaces simples e enlaces múltiples. Propiedades das substancias covalentes.
- Enlace metálico. Modelos que explican o enlace metálico. Propiedades dos metais.
- Forzas intermoleculares.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
Formularanse cuestións relacionadas con:
- Tipo de enlace e enerxía de rede dos compostos iónicos. Análise dende o punto de vista cualitativo da influencia dos valores da carga, do raio dos ións e da constante de Madelung no valor da enerxía de rede.
- Estruturas de Lewis.
- Explicar mediante a teoría de repulsión de pares electrónicos da capa de valencia (TRPEV) e a hibridación de orbitais a xeometría e a polaridade das moléculas.
- Para ilustrar as hibridacións (sp3, sp2, sp) propoñeranse moléculas orgánicas e as formadas por elementos do período 2.
- Propiedades das substancias segundo o seu tipo de enlace (iónico, covalente, metálico e forzas intermoleculares).
BLOQUE 4. TERMOQUÍMICA
- Introdución á termodinámica. Sistemas termodinámicos. Variables termodinámicas.
- Primeiro principio da termodinámica.
- Concepto de entalpía.
- Entalpía de reacción. Entalpía de formación. Entalpía de enlace. Cálculo de entalpías de reacción a partir das entalpías de formación e das entalpías de enlace.
- Lei de Hess.
- Segundo principio da termodinámica. Concepto de entropía. Entropía e desorde.
- Enerxía libre e espontaneidade das reaccións químicas.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
- Formularanse cuestións relacionadas con todos os puntos do bloque.
- Problemas correspondentes a: entalpías de reacción (Qp e Qv), determinación de entalpías de reacción a partir de entalpías de enlace, Lei de Hess, variación de entropía, variación de enerxía libre e espontaneidade da reacción (DG).
- En relación coas actividades de laboratorio:
Medida da calor de disolución do NaOH en auga; Medida da calor de neutralización entre a disolución anterior e unha disolución de HCl; Medida da calor de reacción entre NaOH sólido e unha disolución de HCl; Comprobar nas tres experiencias anteriores o cumprimento da lei de Hess.
BLOQUE 5. O EQUILIBRIO QUÍMICO
- Concepto de equilibrio químico. Características.
- Cociente de reacción e constante de equilibrio.
- Formas de expresar a constante de equilibrio: Kc e Kp. Relacións entre as constantes de equilibrio.
- Grao de disociación.
- Termodinámica e equilibrio: relación entre Kp e DG.
- Factores que modifican o estado de equilibrio: principio de Le Chatelier. Importancia en procesos industriais.
- Equilibrios heteroxéneos sólido-líquido. Equilibrio de solubilidade. Solubilidade e produto de solubilidade. Factores que afectan á solubilidade.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
- Formularanse cuestións relacionadas cos distintos apartados do bloque facendo fincapé no principio de Le Chatelier.
- Problemas relacionados con:
Composición do equilibrio e as súas constantes de equilibrio; Solubilidade, produto de solubilidade, efecto do ión común, condicións de precipitación.
- As actividades de laboratorio estarán relacionadas con:
Formación de precipitados de sales pouco solubles e separación destes por filtración; Disolución de precipitados por modificación do pH.
BLOQUE 6. ÁCIDOS E BASES
- Concepto de ácido-base segundo as teorías de Arrhenius e Brönsted-Lowry. As reaccións de transferencia de protóns.
- Concepto de pares ácido-base conxugados.
- Fortaleza relativa dos ácidos e bases e grao de ionización.
- Equilibrio iónico da auga. Concepto de pH.
- Volumetrías de neutralización ácido-base. Indicadores ácido-base.
- Estudo cualitativo da hidrólise.
- A importancia do pH na vida cotiá. Estudo cualitativo das disolucións reguladoras.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
- Formularánse cuestións relacionadas cos distintos apartados do bloque.
- Problemas de:
Ácidos ou bases fortes e débiles; Cálculos de pH; Constantes de acidez ou basicidade; Neutralizacion ácido-base fortes.
- As actividades de laboratorio estarán relacionadas con:
Valoración dun ácido forte cunha base forte; Medida de pH de disolucións acuosas de diversos ácidos, bases e sales.
BLOQUE 7. ELECTROQUÍMICA
- Concepto de oxidación e redución. Número de oxidación. Oxidantes e redutores.
- Axuste de reaccións químicas polo método do ión-electrón. Estequiometría das reaccións redox.
- Estudo da célula galvánica. Tipos de eléctrodos. Potencial de eléctrodo. Escala normal de potenciais. Potencial dunha pila.
- Relación entre Eº e DG. Espontaneidade dos procesos redox.
- Electrólise: estudo da cuba electrolítica. Leis de Faraday. Principais aplicacións industriais.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
- Formularanse cuestións relacionadas cos distintos apartados do bloque.
- Problemas referidos a:
Axustes de reacción redox e a súa estequiometría; Predición da espontaneidades dun proceso empregando os potenciais normais de eléctrodo; Electrólise.
- Actividades de laboratorio:
Construción e utilización dunha célula galvánica; Construción e utilización dunha célula electrolítica.
BLOQUE 8. QUÍMICA DO CARBONO
- Nomenclatura e formulación das principais funcións orgánicas.
- Enlace nos compostos orgánicos. Diferentes tipos de isomería.
- Polímeros de interese actual: estrutura xeral e tipos.
- Principais aplicacións da química do carbono na industria.
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO:
Formularanse cuestións relacionadas con :
- Carbono como unidade estrutural básica: tipos de enlace do carbono.
- Nomenclatura (IUPAC) de compostos de carbono que teñan como máximo un grupo funcional (hidrocarburos, alcois, fenois, aldehidos, cetonas, ácidos, ésteres, éteres, derivados haloxenados, aminas, amidas, nitrilos).
- Isomería plana: cadea; posición e de función.
- Estereoisomería: a isomería óptica e a isomería xeométrica ou cis-trans.
- Coñecer a estructura xeral dos polímeros, os diferentes tipos e o seu interese na vida cotiá.
|