Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Química
QuímicaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exameCriterios de corrección
Criterios Xerais de Avaliación

INSTRUCIÓNS PARA AO DESENVOLVEMENTO DA PROBA

Para o desenvolvemento do exame de Química permitirase o uso de calculadora científica (non programable, sen pantalla gráfica e sen capacidade para almacenar, transmitir ou recibir datos).

Ademais xunto do exame proporcionarase táboa periódica, onde aparecen os símbolos, número atómico e masa atómica dos elementos. Para a formulación e nomenclatura dos compostos seguiranse os mesmos criterios de anos anteriores, é dicir, non hai modificación ningunha.

CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO EXAME DE QUÍMICA

- As respostas deben axustarse ao enunciado da pregunta.

- Terase en conta a claridade da exposición dos conceptos, procesos, os pasos seguidos, as hipóteses, a orde lóxica e a utilización adecuada da linguaxe química.

- Os erros graves de concepto levarán a anular o apartado correspondente.

- Os parágrafos/apartados que esixen a solución dun apartado anterior cualificaranse independentemente do resultado do devandito apartado.

- Cando a resposta deba ser razoada ou xustificada, non facelo supoñerá unha puntuación de cero no apartado correspondente. Un resultado erróneo pero cun razoamento correcto valorarase.

- Unha formulación incorrecta ou a igualación incorrecta dunha ecuación química puntuará como máximo o 25% da nota do apartado.

- Nun problema numérico a resposta correcta, sen razoamento ou xustificación, pode ser valorada cun 0 se o corrector/a non é capaz de ver de onde saíu o devandito resultado.

- Os erros nas unidades ou non poñelas descontará un 25% da nota do apartado.

- Un erro no cálculo considerarase leve e descontarase o 25% da nota do apartado, agás que os resultados carezan de lóxica e o alumnado non faga unha discusión acerca da falsidade do devandito resultado.