Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Matemáticas II
Matemáticas IIGrupo de traballoOrientacionesDirectricesModelo de exameCriterios de corrección
Criterios Xerais de Avaliación
 

O exame de Matemáticas II das PAU terá dúas opcións (A e B) con 4 exercicios en cada unha delas. Os exercicios terán a seguinte valoración máxima:

Exercicio 1 (Álxebra líneal): 3 puntos
Exercicio 2 (Xeometría): 3 puntos
Exercicio 3 (Análise): 2 puntos
Exercicio 4 (Análise): 2 puntos

Cada alumno/a contestará aos catro exercicios dunha opción. Se un alumno/a resolve exercicios das dúas opcións, só se avaliarán os exercicios da opción que corresponda ao primeiro exercicio que responda o/a alumno/a.


Valoraranse os coñecementos teórico/prácticos do alumno/a e o adecuado uso da ferramenta matemática, así como o rigor nos razoamentos desenvolvidos e na linguaxe empregada. No desenvolvemento dos exercicios valóranse os seguintes aspectos: 

· A identificación do modelo matemático e das propiedades matemáticas e a súa descripción concisa.
· A coherencia ordenada e razoada da exposición da resposta.
· A claridade de exposición.
· A utilización dunha adecuada terminoloxía e notación matemática.
· A facilidade e precisión na realización do cálculo.

A ausencia de explicacións na solución dun exercicio repercute negativamente na súa valoración, podendo acadar unha puntuación nula se só aporta a solución numérica sen ningunha explicación.
Ainda que no exame de Matemáticas das PAU ESTARÁ PERMITIDO O USO DE CALCULADORA non gráfica e non programable, os exercicios que se proporán nas P.A.U poderanse resolver utilizando simplificacións e se o resultado dun problema é 2π  ou 2/3, por exemplo, non é necesario aproximar dito resultado.