Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Matemáticas aplicadas
ás Ciencias Sociais
Matem. aplicadasGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exameInstruciónsCriterios de corrección

Criterios Xerais de Avaliación

 

O exame de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais terá dúas opcións pechadas (A e B) con catro exercicios en cada unha delas. Os exercicios terán a seguinte valoración máxima:

  • Exercicio 1 (Álxebra): 3 puntos
  • Exercicio 2 (Análise): 3 puntos
  • Exercicio 3 (Probabilidade e Estatística): 2 puntos
  • Exercicio 4 (Probabilidade e Estatística): 2 puntos

 

Cada alumno/a contestará aos catro exercicios dunha opción. Se un alumno/a resolve exercicios das dúas opcións, só se avaliarán os exercicios da mesma opción que pri­meiro aparezan fisicamente no papel do exame.

  • A puntuación global de cada exercicio distribúese en fraccións de 0.25 ou 0.50 puntos, dependendo dos pasos intermedios para chegar ao resultado final. Deste xeito, os exercicios parcialmente resoltos ou con resultados in­correctos poden acadar unha puntuación determinada dependendo do seu desen­vol­ve­mento.

 

  • É preciso que queden reflectidas nas follas do exame as operacións necesarias para a resolución de cada exercicio. As respostas con­cre­tas xustificaranse xa que, se só se achega a solución numérica, sen ningunha explicación, o exercicio terá unha puntuación de cero.
  • Poderán usarse instrumentos de debuxo e calculadoras científicas que non sexan programables e que non teñan capacidade gráfica.

 

  • Non se lles facilitará ao alumno/a as fórmulas das distribucións que sexan pre­cisas na construción de intervalos de confianza e no estudo de contrastes de hipótese.
  • Facilitaráselles a táboa da distribución normal.

 

No desenvolvemento dos exercicios valóranse os seguintes aspectos:

        • A exposición ordenada e razoada e a coherencia da resposta.
        • A capacidade de análise e de síntese.
        • A utilización dunha adecuada terminoloxía e nota­ción matemática.
        • A facilidade e precisión na realización do cálculo.

Non se valorará o estudo dunha función elemental ou dunha función definida a anacos se para iso constrúe as súas gráficas baseándose soamente nos puntos obtidos a partir dunha táboa de valores. (Exce­p­túase o caso das funcións poli­nó­mi­cas de grao un)