Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Latín II
Latín IIGrupo de traballoMateriaisModelo de exame

 

 

Circular informativa

Estimados/-as profesores/-as:

Dada unha incompatibilidade puntual do Prof. Carracedo Fraga, durante o curso 2011-2012 actuará como Director do Grupo de Traballo o actual Subdirector, Prof. José Manuel Díaz de Bustamante.
Dado tamén o carácter transitorio dista substitución, e para non causar atrancos, manterase todo coma estaba para o curso 2010-2011, por tratarse dun modelo que funciona ben.

1º) Para o curso 2011-2012 mantense, pois, o mesmo programa de “Latín II” ca no curso anterior.

1.-TRADUCIÓN: Eutropio e Fedro.

2.- GRAMÁTICA: análise morfosintáctica sobre o texto proposto para tradución.

3.- LITERATURA: a) Historiografía. Livio; b) Oratoria. Cicerón; c) Épica. Virxilio; d) Lírica. Horacio; e) Teatro. Plauto.

4.- MUNDO CLÁSICO: a) aforismos e frases; b) topónimos; c) composición e derivación; d) lecturas dos seguintes textos:
a) Historiografía: Livio, I, 56, 4-60.

b) Oratoria: Tácito, Agrícola, 29-38.
c) Épica: Ovidio, Metamorfoses, I, 452-567; IV, 55-166; X, 1-71.
d) Lírica: Catulo, 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11.
e) Teatro: Plauto, Xemelgos ou Anfitrión ou unha das dúas comedias que se representarán dentro do “Festival de teatro grecolatino de Lugo 2011": Cistellaria ou Miles Gloriosus.
Esta lectura poderá ser substituída pola película “Golfus de Roma”.

2º) O modelo de exame manterá tamén a mesma estrutura e o mesmo sistema de valoración ca o do curso pasado, aínda que para adaptalo á normativa vixente presentará dúas opcións claramente diferenciadas: a "opción A" será o texto de Eutropio e a "opción B", o texto de Fedro:

1.- Tradución: ata 6 puntos.

2.- Gramática: ata 1 punto.

3.- Literatura: ata 1,5 puntos; haberá que responder a unha das dúas preguntas que se propoñan.

4.- Mundo clásico: ata 1,5 puntos, 0,75 por cada pregunta; haberá unha cuestión relativa a cada un dos catro apartados desta sección e deberase responder a dúas delas.

Esta circular informativa está acompañada do modelo de exame típico e dos materiais relativos aos apartados 4.a), aforismos e frases, e 4 b), topónimos.

Santiago de Compostela, 2012
José Manuel Díaz de Bustamante
Director accidental do Grupo de Traballo