Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Filosofía
Textos 2009-2010
Historia da FilosofíaGrupo de traballoFichas curricularesEstruturaModelo de exameTextos

Platón: 1 2 3 4 5
Aristóteles: 1 2 3 4 5 6
Agostiño-Tomé: 1 2 3
Descartes-Hume-Locke: 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Kant: 1 2 3 4 5 6 7 8
Marx: 1 2 3 4
Nietzsche: 1 2 3

 

Anterior

F. NIETZSCHE–texto 3
A gaia ciencia, ("la gaya scienza"),

Seguinte

 

341. O peso máis grande.— ¿E se un día ou unha noite un demo vai tras de ti ás agachadas deica a máis solitaria das túas soidades e che di: “Esta vida, como ti agora a vives e como a tes vivido, terala que vivir unha vez máis e innumerables veces máis; e nela non haberá nada novo, senón que cada dor e cada pracer e cada pensamento e suspiro e todo o indiciblemente pequeno e grande da túa vida terá que tornar a ti, e todo na mesma orde e sucesión – e así esta araña e este luar entre as árbores, e así este intre e eu mesmo. ¡O eterno reloxo de area da existencia é virado sempre de novo – e ti con el, migalliña de po!”? ¿Non te botarías polo chan renxendo os dentes e maldicindo o demo que así che falou? ¿Ou é que ti algunha vez viviches un instante inmenso, no que lle responderías: “ti es un deus e eu nunca oín nada tan divino”? Se tal pensamento se apoderase de ti, tal como ti es agora te transformaría e quizá te esmagaría; ¡a pregunta sobre todas e cada unha das cousas “¿queres isto outra vez e innumerables veces máis?” gravitaría sobre a túa acción como o peso máis grande! Ou, ¿como terías que estar reconciliado contigo mesmo e coa vida para non desexar xa nada máis que esta última eterna confirmación e resolución?


F. NIETZSCHE; A gaia ciencia («la gaya scienza») L. IV, Sanctus Januarius. Trad. de Rafael Martínez (USC)

 

 

 

 

Anterioranterior
seguinteSeguinte