Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Economía da empresa
EconomíaGrupo de traballoOrientaciónsEstruturaModelo de exameCriterios de correcciónBibliografía

ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO AO CURRÍCULO

ECONOMÍA DA EMPRESA

 

Consideracións xerais

As funcións do Grupo de Traballo, especificadas no seu día pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, son as de asesoramento ao seu Director en todo o referente á elaboración das probas de acceso. Por outra parte, cada docente de Bacharelato terá a súa programación axustada a un desenvolvemento persoal do currículo, o que deixa un amplo grao de liberdade dentro das directrices xerais do mesmo.

O Grupo de Traballo non pode interferir no desenvolvemento do currículo propio desta materia que é de obrigado cumprimento por parte dos docentes, segundo as directrices da Consellería de Educación. O  que se ofrece neste documento son unhas orientacións como guía para os requirimentos específicos das probas de acceso á universidade. En ningún caso este desenvolvemento do currículo se entenderá como unha ampliación dos contidos do mesmo, senón como unha aclaración das cuestións fundamentais que deben ser abordadas en cada bloque temático. Neste senso, a utilización dalgún dos manuais recomendados como bibliografía básica  contribuirá a precisar tanto  as cuestións que procedería tratar en cada caso  como a extensión con que se debe facelo (nivel  elemental ou básico).

Os contidos da proba incidirán fundamentalmente sobre as cuestións básicas enunciadas a continuación.

 

I. A EMPRESA E O SEU MARCO EXTERNO

I.1.  A empresa

Concepto de empresa: elementos, funcións e obxectivos. Factores de produción (inputs), produto (output) e valor engadido. A creación de valor. Funcionamento global (descrición xeral do ciclo de produción) e áreas de actividade (produción, comercialización, financiamento e dirección ou organización). Visións do papel do empresario no pensamento económico: Adam Smith-Knight-Schumpeter-Galbraith. Tipos de empresa e criterios de clasificación: titularidade do capital, tamaño e sector de actividade. 

I.2. Contorno xeral e específico de empresa.

Contorno xeral: factores económicos, socioculturais, político-legais, tecnolóxicos. Contorno específico: o sector. Esquema das cinco forzas competitivas de Porter: rivalidade entre competidores actuais, ameaza de entrada de competidores potenciais, ameaza de produtos substitutivos, poder negociador dos provedores, poder negociador dos clientes. Análise DAFO. A responsabilidade social e medioambiental da empresa (traballadores, sociedade, consumidores, medioambiente)

I.3. Análise do marco xurídico que regula a actividade empresarial

Principais formas xurídicas da empresa: Empresario individual e empresario colectivo (Sociedade Anónima, Sociedade de Responsabilidade Limitada,  Sociedade Limitada Nova Empresa, Sociedades Laborais, Sociedade Cooperativa).

- Aspectos mercantís

Trámites legais para a constitución da empresa. Rexistro Mercantil. Propiedade industrial: signos distintivos da empresa (nome comercial, rótulo do establecemento e marca) e invencións. Defensa da competencia. Publicidade.

- Aspectos laborais

Dereitos e obrigas do traballador: dereitos e deberes básicos. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo (salario, xornada e calendario laboral, permisos e vacacións). A conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras: aspectos básicos.

Contrato de traballo (concepto e elementos para que sexa válido), tipoloxía (segundo a duración do contrato e segundo a duración da xornada). Suspensión e extinción do contrato de traballo: concepto e causas. Concepto de convenio colectivo. Obrigas de afiliación e cotización á Seguridade Social. Seguranza e hixiene no traballo: aspectos básicos. Prevención de riscos laborais: aspectos básicos.

 

- Fiscalidade 

Tributos: concepto e clases. Impostos: concepto, clases (directos-indirectos, reais ou de produto, persoais ou sobre a renda), elementos (suxeito activo, suxeito pasivo, feito impoñible, base impoñible, tipo impositivo)  e ámbito de xestión (estatal, autonómico e local). Fiscalidade do empresario individual: IRPF, IVE.  Fiscalidade do empresario social: Imposto sobre sociedades e IVE.

I.4. Desenvolvemento da empresa. Factores de localización espacial e dimensión da empresa

Factores de localización espacial da empresa: localización de actividades industriais, localización de actividades comerciais e de servizos.  

A dimensión empresarial: concepto e criterios de medición. As PEMES: vantaxes e inconvenientes. O crecemento da empresa: crecemento interno e crecemento externo. Estratexias  de fusión e adquisición.

A internacionalización, a competencia global, a influencia do desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas empresas. As empresas multinacionais: características e factores de desenvolvemento.

Tecido industrial galego e tamaño empresarial en Galicia. O cooperativismo en Galicia.

 

II. A FUNCIÓN PRODUTIVA DA EMPRESA
El proceso de produción: concepto e obxectivos. A cadea de valor. Clasificación dos procesos produtivos: técnicas de produción (produción para o mercado - produción sobre pedido, produción artesanal - produción en serie). Asignación dos recursos produtivos (eficiencia técnica e económica). Custos de produción: concepto e clasificación (fixos e variables, medios e marxinais, directos e indirectos). Equilibrio da empresa no caso xeral: limiar de rendibilidade ou punto morto (decisión de producir ou comprar). Produtividade: produtividade dun factor, produtividade global e índices de produtividade (conceptos, medición e cálculo de taxas de variación). Factores determinantes da produtividade. I+D+i (concepto e importancia). Formas de adquisición da tecnoloxía (desenvolvemento interno, adquisición exterior, alianzas estratéxicas). Xestión de stocks: custos e modelos de xestión (método de Wilson, método ABC e just in time). A planificación e control da produción: Método PERT e Diagrama de Gantt. Externalidades da produción: concepto, distinción entre custo privado e social, exemplos de externalidades positivas e negativas.

III. A FUNCIÓN COMERCIAL DA EMPRESA.
Concepto de mercado. Clases de mercados definidas en función de número de oferentes e demandantes (competencia perfecta, monopolio, oligopolio e competencia monopolística), adquirentes do produto (maioristas-minoristas, empresas-consumidores), Demanda de mercado e cuota de mercado. Análise do consumidor,  segmentación de mercados (concepto e variables utilizadas), investigación de mercados (fontes de información, fases e métodos). Marketing. Marketing-mix: política de produto (concepto de produto ofertado e ciclo de vida do produto, marca e envase), política de prezo (prezos baseados nos custos e prezos baseados na oferta e na demanda), política de promoción (venta persoal, promoción de ventas, relacións públicas, merchandising e  publicidade), política de distribución (canles de distribución e intermediarios comerciais). Marketing e ética empresarial. Aplicación  ao marketing das tecnoloxías da información e da comunicación.

 

IV. A FUNCIÓN FINANCEIRA DA EMPRESA.
O investimento
Concepto de investimento e tipos (curto-longo prazo, financeiros-produtivos). Elementos dun proxecto de investimento. Conceptos de capitalización e actualización. Valoración e selección de proxectos de investimento (métodos estáticos e dinámicos): Prazo de recuperación, VAN e TIR  (cálculo, interpretación, vantaxes e inconvenientes)
O financiamento
Fontes de financiamento da empresa: financiamento externo a curto prazo (provedores, créditos bancarios a curto prazo, desconto comercial e factoring), Financiamento externo a longo prazo (préstamos, empréstitos, ampliacións de capital, leasing), Financiamento interno ou autofinanciamento (amortización e reservas).

V. A INFORMACIÓN NA EMPRESA.

O patrimonio e a súa representación contable

O patrimonio da empresa: concepto, composición e principais criterios de valoración dos elementos patrimoniais (inclúense os métodos de valoración de existencias: FIFO, LIFO e precio medio ponderado). As contas anuais e a imaxe fiel. Balance: concepto e estrutura (agrupación en masas patrimoniais), Conta de Perdas e Ganancias (concepto e estrutura), Memoria (concepto e contidos), Estado de Cambios no Patrimonio Neto e Estado de Fluxos de Efectivo. Obrigas contables: libros contables obrigatorios, verificación e presentación das contas anuais (auditoría de contas, rexistro mercantil).  O balance social: concepto, obxectivo e indicadores.

Análise económica e financeira da empresa

Estrutura económica e financeira da empresa. Equilibrios patrimoniais. Fondo de manobra (definición, cálculo e interpretación). Ciclo de explotación e período medio de maduración  (concepto, subperíodos que o compoñen e interpretación). Análise da formación de resultados (beneficios antes de intereses e impostos, beneficios antes de impostos e beneficios despois de impostos). Principais ratios económico-financeiras: ratios de liquidez, ratios de solvencia, ratios  de endebedamento e ratios de rendibilidade da empresa (rendibilidade económica e rendibilidade financeira).

VI. A ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN DA EMPRESA

Concepto de organización. Principios básicos de organización: relacionados co desenvolvemento vertical (autoridade e responsabilidade, xerarquía, unidade de mando e descentralización) e  relacionados co desenvolvemento horizontal (división do traballo, especialización, coordinación e agrupación de unidades).  Organización formal e informal. Estruturas básicas de organización: lineal, funcional, en liña e staff, por comité.

Funcións básicas de dirección: planificación, organización, xestión e control. Concepto de planificación estratéxica. Os sistemas de xestión de calidade na empresa (concepto de calidade total, círculos de calidade e mellora continua). Xestión de recursos humanos: selección e formación do persoal.  Motivación: teoría da xerarquía das  necesidades de Maslow e teoría dos dous factores de Herzberg (factores de mantemento e factores de motivación). Concepto de conflito e vías de resolución (negociación, mediación e arbitraxe).

CUESTIÓNS NAS QUE SE DEBERÁ FACER ESPECIAL FINCAPÉ PARA PREPARAR A RESOLUCIÓN DE CASOS PRÁCTICOS
- A produción: produtividade dun factor,  produtividade total, índices de produtividade, taxa de variación da produtividade.

- Cálculo de custos de produción: fixos, variables, totais, medios, marxinais. Representacións gráficas.

- Punto morto: cálculo, interpretación, representación gráfica e decisión entre comprar ou fabricar.

- Xestión de stocks: custos das existencias, cálculo do volume óptimo de pedido (método de Wilson).  Xestión de almacén: método do prezo medio ponderado método e método FIFO.

- O balance: estruturación do balance en masas patrimoniais. Equilibrios patrimoniais. Análise económico e financeiro da empresa: cálculo e interpretación do Fondo de manobra, análise (cálculo e interpretación) a través de ratios (proporcionaranse as fórmulas que permiten calcular as ratios).
- Cálculo e interpretación da rendibilidade económica e da rendibilidade financeira. Na medida en que se considera importante coñecer a distinción conceptual entre rendibilidade económica e financeira, cando se pida calcular a rendibilidade económica e/ou financeira, non se facilitarán as fórmulas.
- Conta de Resultados: Clasificación de gastos e ingresos. Resultados de explotación, resultados financeiros, resultados antes e despois de impostos.

-Selección de investimentos: Prazo de recuperación ou Pay back. Valor actual neto (VAN). A  Taxa Interna de Rendibilidade (TIR) (o cálculo do TIR esixirase para un período de tempo non superior a dous anos).

Consideracións adicionais a ter en conta

  • En termos xerais, para a preparación dos exercicios relativos ao patrimonio da empresa e a súa representación contable, recoméndase tomar como referencia os modelos de contas anuais específicos que establece o PXC para as PEMES

 

  • Nos enunciados dos exercicios das PAU relativos ás contas anuais incluiranse fundamentalmente os elementos patrimoniais e os ingresos e gastos que figuran nos exemplos dos anexos I e II.
  • Nos exercicios sobre balances os elementos patrimoniais deberán clasificarse distinguindo Activo Corrente-Activo non Corrente; Pasivo Corrente-Pasivo non corrente e Neto Patrimonial. Por outra parte, nos casos nos que se proporcione información sobre amortización acumulada, ésta simplemente deberá ser tida en conta para determinar o valor neto da correspondente masa patrimonial (sen necesidade de que figure expresamente a amortización acumulada no balance con signo negativo).
  • Nos exercicios sobre contas de resultados, acéptase como válida a elaboración e presentación da conta de perdas e ganancias dacordo con calquera das dúas posibilidades contempladas no Anexo II (en ambos os dous casos simplificadas conforme ao nivel esixible para unhas probas PAU).
  • A elaboración do Estado de Fluxos de Efectivo e o Estado de Cambios no patrimonio neto non será obxecto de casos prácticos.

 

ANEXO I

 ACTIVO

 PATRIMONIO NETO MAIS PASIVO

 

ACTIVO NON CORRENTE

INMOBILIZADO INTANXIBLE
           Propiedade industrial
           Aplicacións informáticas
            Investigación
           Desenvolvemento

INMOBILIZADO MATERIAL
          Terreos
          Construcións
          Maquinaria
          Mobiliario
          Equipos para o proceso de información
          Elementos de transporte

INVESTIMENTOS INMOBILIARIOS
          Investimentos en terreos e bens naturais
          Investimentos en construcións

INVESTIMENTOS FINANCEIROS A LONGO PRAZO
           Invest. finan. a longo prazo en instrum. do patrimonio.
          Valores representativos de débeda a longo prazo

 

PATRIMONIO NETO

FONDOS PROPIOS
  Capital ou Capital Social
  Reservas
  Resultados de exercicios anteriores
  Resultado do exercicio
 

 

PASIVO NON CORRENTE

 DÉBEDAS A LONGO PRAZO
 Débedas con entidades de crédito a longo prazo
 Efectos a pagar a longo prazo
 Provedores de inmobilizado a longo prazo
 Obrigacións e bonos

 

ACTIVO CORRENTE

EXISTENCIAS
            Mercadorías
            Materias primas
             Produtos en curso
             Produtos rematados

DEBEDORES COMERCIAIS E OUTRAS CONTAS A COBRAR
           Clientes
            Clientes efectos comerciais a cobrar
            Debedores varios
            Anticipo de remuneracións

INVESTIMENTOS FINANCEIROS A CURTO PRAZO
           Invest. finan. a curto prazo en instrum. de  patrimonio
          Valores representativos de débeda a curto prazo

EFECTIVO E OUTROS ACTIVOS LÍQUIDOS EQUIVALENTES
          Caixa euros
          Banco CC

 

PASIVO CORRENTE

 DÉBEDAS A CURTO PRAZO
 Débedas con entidades de crédito a curto prazo
 Provedores de Inmobilizado a curto prazo
 Efectos a pagar a curto prazo
 

ACREDORES COMERCIAIS E OUTRAS CONTAS A PAGAR
Provedores
Provedores, efectos comerciais a pagar
Remuneracións pendentes de pagamento
Acredores por prestación de servizos.

 

 

 

 

ANEXO II

PERDAS E GANANCIAS

1. - Importe neto da cifra de negocios

  • Vendas
  • Prestacións de servizos

2. - Aprovisionamentos

  • Compras de mercadorías
  • Compras de materias primas
  • Compras doutros aprovisionamentos
  • Traballos realizados por outras empresas

3. Outros ingresos de explotación

  • Ingresos por arrendamentos
  • Ingresos de propiedade industrial cedida en explotación

4. Gastos de persoal

  • Soldos e salarios
  • Seguridade social a cargo da empresa

5. Outros gastos de explotación

  • Servizos exteriores

Arrendamentos e canons
Reparacións e conservación
Servizos profesionais independentes
Transportes
Primas de seguros
Publicidade, propaganda e relacións públicas
Subministracións

  • Tributos

            Outros tributos
6. Amortización do inmobilizado
7. Deterioración e resultado por enaxenacións do inmobilizado

  • Deterioracións e perdas

                 Perdas por deterioración do inmobilizado intanxible
                 Perdas por deterioración do inmobilizado material
                 Perdas por deterioración dos investimentos inmobiliarios

  • Resultados por enaxenacións

          Beneficios/perdas procedentes do inmobilizado intanxible
          Beneficios/perdas procedentes do inmobilizado material
          Beneficios/perdas procedentes dos investimentos inmobiliarios

Resultado de explotación = Ingresos de explotación - gastos de explotación

8. -Ingresos financeiros

  • Ingresos de participacións en instrumentos do patrimonio (ex. dividendos)
  • Ingresos de valores representativos de débedas (ex. rendementos de activos de renda fixa)

9. -Gastos financeiros

  • Intereses de obrigas e bonos
  • Intereses de débedas
  • Intereses por desconto de efectos

Resultados financeiros = Ingresos financeiros - gastos financeiros

Resultado antes de impostos= Resultados de explotación + resultados financeiros

Imposto sobre beneficios*

Resultado despois de impostos

* No seu caso, no enunciado do exercicio proporcionarase o dato do tipo impositivo a aplicar.

PERDAS E GANANCIAS

INGRESOS DE EXPLOTACIÓN
Vendas e ingresos

  • Vendas de mercadorías
  • Prestacións de servizos

Outros ingresos de xestión

  • Ingresos por arrendamentos
  • Ingresos de propiedade industrial cedida en explotación

 GASTOS DE EXPLOTACIÓN
Compras

  • Compras de mercadorías
  • Compra de materias primas
  • Compras doutros aprovisionamentos
  • Traballos realizados por outras empresas

Servizos exteriores

  • Arrendamentos e canons
  • Reparacións e conservación
  • Servizos de profesionais independentes
  • Transportes
  • Primas de seguros
  • Publicidade, propaganda e relacións públicas
  • Subministracións

Tributos

  • Outros tributos

Gastos de persoal

  • Soldos e salarios
  • Seguridade social a cargo da empresa

Amortización do inmobilizado
Deterioración e resultado por enaxenación do inmobilizado

  • Deterioracións e perdas

                 Perdas por deterioración do inmobilizado intanxible
                 Perdas por deterioración do inmobilizado material
                 Perdas por deterioración dos investimentos  inmobiliarios

  • Resultados por enaxenacións

          Beneficios/perdas procedentes do inmobilizado intanxible
          Beneficios/perdas procedentes do inmobilizado material
          Beneficios/perdas procedentes dos investimentos inmobiliarios

INGRESOS DE EXPLOTACIÓN - GASTOS DE EXPLOTACIÓN = RESULTADOS DE EXPLOTACIÓN (+/-)

INGRESOS FINANCEIROS

  • Ingresos de participacións en instrumentos de patrimonio (dividendos)
  • Ingresos de valores representativos de débedas (renda fixa)

GASTOS FINANCEIROS

  • Intereses de obrigas e bonos
  • Intereses de débedas
  • Intereses por desconto de efectos

INGRESOS FINANCEIROS - GASTOS FINANCIEROS= RESULTADOS FINANCEIROS (+/-)

RESULTADOS DE EXPLOTACIÓN + RESULTADOS FINANCEIROS = RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS

Menos Imposto sobre beneficios* =

RESULTADO DO EXERCICIO ( BENEFICIO OU PERDA)

* No seu caso, no enunciado do exercicio proporcionarase o dato do tipo impositivo a aplicar.
RECOMENDACIÓNS E SUXERENCIAS PARA MELLORAR OS RESULTADOS DAS PROBAS

Tomando como referencia a información facilitada polos correctores das probas correspondentes a materia de Economía da Empresa, o grupo de traballo,  co obxecto de subsanar algunhas das deficiencias observadas máis comúns e con elo contribuír á mellora dos resultados das citadas probas, considera oportuno realizar as seguintes suxerencias a título de recordatorio:
- Consideracións xerais de carácter formal: Convén recalcar a necesidade de coidar a presentación, a orde e claridade nas respostas así como a necesidade de empregar con propiedade o vocabulario propio da materia e de evitar os erros ortográficos.
- Preguntas cortas: Na medida en que as respostas a este tipo de preguntas soen ser demasiado extensas, recoméndase realizar un esforzo de maior concreción e precisión.
- Pregunta a desenvolver: En aras a mellorar as cualificacións obtidas polas respostas a esta pregunta, lémbrase a valoración positiva que se outorga á elaboración dun esquema-guión no que se resuma o contido da resposta.
- Problemas: En xeral, catro  aspectos son manifestamente mellorables e polo tanto requiren maior atención: a) presentación clara e ordenada do exercicio; b) Comentario do apartado correspondente á interpretación dos resultados; c) Corrección nos cálculos aritméticos; d)Expresar os resultados nas unidades correspondentes
Nesta senso, como norma xeral, nos criterios de cualificación das PAU o Grupo de Traballo acordou descontar o 25% da nota de cada apartado se hai erros de cálculo e outro 25% da nota de cada apartado se non se indican as unidades nas que ven expresado o resultado.

Nota: O contido desta páxina ten carácter exclusivamente informativo, polo que non poderá utilizarse como base para ningún recurso.