Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Debuxo Artístico
Debuxo ArtísticoGrupo de traballoOrientaciónsContidosEstructuraModelo de exameCriterios de corrección

Orientacións do Grupo de Traballo ó novo Currículo de Bacharelato
(

 

O Grupo de Traballo de Debuxo Artístico, atendendo ao establecido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, considera que o contido da proba terá como obxectivo xeral que o alumnado poida demostrar a través disto as súas capacidades de representación da obra artística nunha superficie bidimensional.

Na proba atenderase á riqueza expresiva, á capacidade de desenvolvemento das aptitudes e á capacidade de interpretación, reinterpretación e abstracción das imaxes do contorno e das obras de arte. O alumnado desenvolverá a memoria visual e retentiva, a observación e o estudo da forma. Deberá coñece-los materiais, as técnicas e os procedementos, ademais da terminoloxía básica e específica do ámbito artístico.

A interpretación da forma terá intencións comunicativas e expresivas.

Valoraranse basicamente os seguintes aspectos na proba:

  • A capacidade de descrición gráfica das formas atendendo ás súas organizacións estruturais.
  • A capacidade de analizar visualmente as imaxes.
  • A capacidade de representa-lo imaxinado.
  • O coñecemento dos fundamentos compositivos da obra.
  • As relacións de proporción dos elementos en cuestión.
  • O estudo e a análise da influencia da luz sobre os obxectos. 
  • A capacidade expresiva do procedemento escollido polo alumnado.
  • A capacidade de análise e interpretaciónda súa obra.
  • A capacidade de análise e interpretación dasobras de arte e das vangardas artísticas do século XX.
  • O coñecemento dunha terminoloxía básica dentro do ámbito artístico