Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Debuxo Artístico
Debuxo ArtísticoGrupo de traballoOrientaciónsContidosEstructuraModelo de exameCriterios de corrección

Estrutura e organización da proba

 

A duración da proba será dunha hora e media.     

  • O soporte para a realización da proba será de dúas follas, unha para cada exercicio, de tamaño DIN A-3 (sen gramaxe especial e non satinado). As dúas follas entregaránselle ó alumnado no momento da realización da proba; ademais, poderá facer cantos bosquexos previos necesite no caderno de exame. O caderno de exame tamén servirá para conter e protexe-los dous exercicios realizados polo alumnado.
  • O alumnado deberá levar á proba o material que considere oportuno, agás o papel (soporte), que se lle proporcionará no momento da proba.
  • A proba será práctica.
  • A técnica será libre en ámbolos exercicios, pero terase en conta que o procedemento non poderá ser de secado lento e, se cumprise o emprego dun fixativo, deberá o alumno vir provisto del.

A proba de DEBUXO ARTÍSTICO constará de dous exercicios prácticos.

1.   No primeiro exercicio práctico o alumno realizará unha composición cun mínimo de tres elementos tridimensionais sinxelos (como, por exemplo, balón de praia, caldeiro, caixa de mixtos etc; obxectos sempre cotiáns e sinxelos). Estes obxectos escolleranse de entre os propostos no enunciado do exercicio.
A composición será libre, pero deberá ter en conta o seguinte:

  • Como mínimo, un dos obxectos deberá estar solapado,
  • Os tres estarán dispostos sobre unha superficie horizontal e
  • A composición terá un só foco lumínico

Este exercicio será realizado en branco e negro.

2.   No segundo exercicio o alumnado realizará un debuxo de interpretación ou reinterpretación dunha obra de arte. Poderá ser polícromo.