Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Ciencias da Terra
BioloxíaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exameInstruciónsCriterios de corrección
Instrucións xerais para a realización do exame (12/04/2012)

O exame consta de dúas opcións (A e B) e o alumnado deberá responder unicamente a unha delas. Cada opción consta de cinco preguntas con diferentes cuestións e que deberán ser contestadas sen mesturar preguntas de ambas as opcións.

Pregunta 1: formúlanse tres cuestións de resposta curta e concisa relacionada cun dos bloques temáticos de coñecementos (BIOSFERA, ATMOSFERA, XEOSFERA etc.). A contestación correcta a cada unha das cuestións será valorada con 1 punto; iso implica que unha resposta correcta a todas as cuestións permitira obter unha puntuación máxima de 3 puntos nesta pregunta.

Pregunta 2: consta de tres cuestións expostas a partir dun gráfico, táboa de datos ou pequeno texto. Cada unha delas será valorada con 1 punto, polo que a puntuación máxima que se pode alcanzar nesta pregunta é de 3 puntos.

Pregunta 3: ten como finalidade avaliar a capacidade de relacionar os coñecementos adquiridos construíndo catro frases correctas a partir de quince termos. A forma de responder a esta pregunta é utilizar tres dos termos que figuren na lista para construír cada frase. Non poderán ser empregados máis de tres termos en cada frase, polo tanto haberá tres que non serán utilizados, e cada un só se poderá usar unha vez. Cada frase ben construída será valorada con 0,25 puntos, podéndose alcanzar un total de 1 punto na pregunta.

Pregunta 4: consta de cinco definicións, sendo valorada cada unha delas con 0,4 puntos, a condición de que se dea unha definición correcta. O valor máximo que se pode alcanzar nesta pregunta é de 2 puntos.

Pregunta 5: preséntanse dez frases. O alumno debe sinalar en cada unha delas se é verdadeira (V) ou falsa (F). As respostas erróneas puntuarán de xeito negativo (de maneira que cada resposta errónea anula unha correcta). Como no resto do exercicio, non se pode responder na folla impresa do exame. A valoración máxima é de 1 punto (0,1 puntos / acerto).