Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Bioloxía
BioloxíaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exameInstruciónsCriterios de corrección
Instrucións xerais para a realización do exame

O exame consta de dúas opcións (1 e 2), das que o alumnado deberá responder unicamente a unha, á súa elección. Cada opción constará de tres apartados (cuestións, terminoloxía e test) que deberán ser respondidos polo alumnado sen mesturar preguntas de ambas as opcións.

No apartado Cuestións preséntanse catro cuestións para desenvolver. Todas elas estarán relacionadas cun tema dos propostos no temario e conterán varios apartados que requirirán do/da estudante respostas curtas. Por outra banda, a formulación destas cuestións tamén poderá basearse nun gráfico, debuxo, esquema ou imaxe fotográfica.
O valor máximo de cada cuestión é de 2 puntos, polo que a puntuación máxima que se pode acadar neste apartado é de 8 puntos.
No apartado de Terminoloxía aparecen quince termos.  A forma de responder a esta pregunta consiste en agrupar de tres en tres, mediante unha frase, aqueles termos que se consideren relacionados, tendo en conta que cada termo só se pode utilizar unha vez. Non se valorarán os termos agrupados que non estean reunidos mediante unha frase, ou as frases que sexan incorrectas.
A valoración máxima deste apartado é de 1 punto (0,2 puntos por cada frase).
No apartado Test preséntanse dez frases. O alumnado debe indicar cales son verdadeiras (V) e cales son falsas (F).
O valor máximo deste bloque é de 1 punto (0,1 punto por cada frase). As respostas erróneas puntúan negativamente (0,1 punto por cada frase)
Nos diferentes apartados da proba de Bioloxía das próximas PAAU incluiranse cuestións sobre as experiencias prácticas. Estas cuestións poderán ir incluídas en calquera dos apartados (cuestions, terminoloxía e test).
A duración da proba é dunha hora e trinta minutos.