Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Subir nota

 

1.- Estudantes españois ou estranxeiros asimilables:

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias de modalidade da fase específica establecido no número 2 do artigo 11º da Orde do 24.03.2011 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Nas sucesivas convocatorias a proba de acceso realizarase na universidade pública á que estea adscrito, ós indicados efectos, o centro de educación secundaria no que superasen o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

2.- Estudantes non nacionais procedentes de sistemas educativos estranxeiros con estudios homologables ao título de bacharelato español:

Os estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros con estudios homologables ó título de bacharelato español poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Nas sucesivas convocatorias a proba de acceso realizarase nalgún centro de exame da UNED, conforme ao descrito no artigo 3.2. da Orde EDU/473/2010, de 26 de febreiro, pola que se establece o procedemento de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, para os estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros con estudios homologables ó título de bacharelato español.