Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Estrutura da proba

 

1. Condicións xerais da proba de avaliaicón do Bacharelato para o acceso á Universidade
A proba de avaliaición do Bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao  adecuarase  ao currículo de bacharelato e versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato e, no seu caso, sobre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso.
As administracións educativas e as universidades públicas organizarán a proba de avaliaición do Bacharelato para o acceso á Universidade e garantirán a adecuación da mesma ao currículo de bacharelato así como a coordinación entre a universidade e os centros que dispensan bacharelato para a súa organización e realización.

2. Estrutura da proba

A proba de avaliaición do Bacharelato para o acceso á Universidade estrutúrase en dúas partes denominadas respectivamente Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria.

A Parte Obrigatoria da proba ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe acadar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á compresión de mensaxes, uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos e técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Versará sobre as materias xerais de segundo curso do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II:

MATERIAS TRONCAIS XERAIS E DE MODALIDADE

Historia de España

Lingua Española e Literatura II

Lingua Galega e Literatura II

Primeira Lingua Estranxeira e Literatura II: Alemán / Francés / Inglés / Italiano / Portugués

ARTES

CIENCIAS

CIENCIAS SOCIAIS

HUMANIDADES

Fundamentos da  Arte II

Matemáticas II

Matemáticas Aplicadas CC.SS. II

Latín II

 


 

 

 

A Parte Voluntaria da proba ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretende cursar e permite mellorar a cualificación obtida na Parte Obrigatoria. Versará sobre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba.

3. Descrición da Parte Obrigatoria

A Parte Obrigatoria da proba constará dos exercicios seguintes:
1º) Lingua Castelá e Literatura II:
Consistirá no comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de Lingua Castelá e Literatura II.
2º) Lingua Galega e Literatura II:
Consistirá no comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de Lingua Galega e Literatura II.

Nota: Estarán exentos da realización do exercicio de Lingua Galega e Literatura II correspondente á proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade os estudantes con exención en Segundo de Bacharelato da materia de “Lingua Galega e Literatura II", que o soliciten.
3º) Historia de España:
Versará sobre as capacidades e contidos da materia de Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban seren avaliados e o formato de resposta deberá garantir a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.
4º) Primeira Lingua Estranxeira e Literatura II [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués] cursada:
O exercicio terá como obxectivo valorar a comprensión oral e lectora e a expresión oral e escrita da Primeira Lingua Estranxeira e Literatura II da que se trate.
Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na proba, a Primeira Lingua Estranxeira e Literatura II  [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués] da que se examinará.
5º) Materia Xeral de modalidade de segundo de bacharelato cursada:

ARTES

CIENCIAS

CIENCIAS SOCIAIS

HUMANIDADES

Fundamentos da  Arte II

Matemáticas II

M. Aplicadas CC.SS. II

Latín II