Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Sistema de Cualificación e
Nota de Admisión

 

1. Cualificación da Parte Obrigatoria

Cada un dos exercicios da Parte Obrigatoria cualificarase entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.
A cualificación da Parte Obrigatoria será a media aritmética de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
Considerarase superada a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade candoo estudante obtivese unhanota igual ou superior a cinco (≥ 5) puntoscomo resultado damedia ponderada do 60 por 100 da nota media dobacharelato (NMB)eo 40 por 100 da cualificación da Parte Obrigatoria (CPO), sempre quese obtivese un mínimo de 4 puntos na cualificación da Parte Obrigatoria da proba.
A cualificación da Parte Obrigatoria terá validez indefinida, sempre que se teña superada a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.


2. Cualificación das materias da Parte Voluntaria

Cada unha das materias da Parte Voluntaria das que se examine o estudante será cualificada entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.
Considerarase superada cada unha das materias da Parte Voluntaria das que se examine o estudante cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos.
Non se ponderará a cualificación obtida nunha materia cando non se acade nesta unha puntuación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos.
Aos efectos do acceso á universidade, a cualificación das materias da Parte Voluntaria terá validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación; así, por exemplo, para alguén que superase a/as materia/s obxecto de exame na Parte Voluntaria da proba na convocatoria ordinaria ou extraordinaria do ano 2017, a validez destas será para o acceso á universidade no curso 2017-2018 e 2018-2019.

3.- Superación da proba de avaliación da Bacharelato para o acceso á Universidade

O acceso á universidade española, tanto pública como privada, para cursar as ensinanzas conducentes á obtención dos distintos títulos das ensinanzas universitarias oficiais de grao, con validez en todo o territorio nacional, requirirá, con carácter xeral, a superación da proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, sen prexuízo dos outros supostos previstos no Real Decreto 412/2014, de 6 de junio, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao.
Para os estudantes de Bacharelato LOMCE que superen a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade regulada polo Real Decreto-Lei 5/2016, de 9 de decembro, a Orde ECD/1941/2016, de 22 de decembro e pola Resolución conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa do 10 de febreiro de 2017 pola que se ditan instrucións para a realización, no curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade para o curso 2017/2018, a súa nota de admisión será:

Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4 * CPO + a * M1 + b * M2

NMB =

Nota media do bacharelato

CPO =

Cualificación da Parte Obrigatoria da proba de Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade

M1M2 =

Cualificacións dun máximo de dúas das catro materias das que se examinase o alumno/a na Parte Voluntaria e/ou da materia Troncal de Modalidade correspondente, que proporcionen mellor nota de acceso.

a=

Parámetros de ponderación das materias da Parte Voluntaria e/ou da materia Troncal de Modalidade da proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade que proporcionen mellor nota de acceso.

 

 

 

 

 


A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Parte Voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria no caso de que as devanditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do SUG para o acceso aos estudos oficiais de grao no curso académico 2017-2018.