Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Convocatorias

 

Anualmente realizaranse dúas convocatorias da Proba de Acceso ás ensinanzas oficiais de Grao (PAU):

HORARIO DE PAU

  • Ordinaria
  • Extraordinaria
ORDINARIA
EXTRAORDINARIA
XUÑO 2017
SETEMBRO 2017
mércores
xoves
venres
mércores
xoves
venres
     
     

 

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Nas sucesivas convocatorias a proba de acceso realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secundaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

A superación da fase xeral terá validez indefinida.

A cualificación das materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas.