Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Bacharelato + FP
 

1.- Poderán presentarse á Proba de Acceso á Universidade (PAU) as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

Aqueles que se encontren en posesión do título de bacharelato ou equivalente, establecido no Real Decreto 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación:

  • Título de bacharelato establecido pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
     
  • Título de bacharelato establecido pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.
     
  • Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria.
     
  • Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario.

Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, para estes efectos, ao título de bacharel regulado pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2.- Tal e como establece o Real Decreto 558/2010, de 7 de maio, e a Orde EDU/3242/2010, de 9 de decembro, aqueles que se encontren en posesión do título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, establecidos pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou títulos equivalentes, que desexen aumentar a súa nota de acceso, poderán presentarse á fase específica da Proba de Acceso á Universidade (PAU).