Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Química
QuímicaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exameCriterios de corrección
Circular informativa para o profesorado

Como a gran maioría de vós xa coñecedes ou saberedes hai nova normativa relativa ó curriculo de bacharelato na Comunicade Autónoma Galega, e relativa ás probas e acceso á Universidade,.

O grupo de traballo de Química, baseándose nesta normativa e na procura de que os cambios fosen mínimos, elaborou as novas Orientacións para ás PAAU 2009-2010 que a continuación se detallan.

Trátanse dunhas orientaciones xerais donde a secuenciación de contidos aparece no mesmo orde que no decreto de referencia1. Evidentemente cada centro poiderá organizar os mesmos dacordo ó seu proceso de elaboración da programación da materia.

Nun prazo breve poñeremos na web algunhas normas, recomendacións, estrutura da proba de acceso (precisa dun cambio para adaptala aos requerimentos do RD), así coma os criterios de avaliación. O grupo de traballo elaborou esta información despois dunha etapa de reflexión e tendo en conta as opinións dos profesores que asistiron ás reunións convocadas polo grupo de traballo nos últimos anos, así coma a experiencia recollida de todas as opinións dos profesores nas reunións de avaliación das PAAU en tódalas convocatorias anteriores.

RESUMO DAS PRINCIPAIS MODIFICACIÓNS

A continuación resúmense os principais cambios en relación cás orientacións de anos pasados, por se é do voso interese. En calquer xeito teredes que guiarvos polas novas orientacións “Orientacións para as PAAU do ano 2009-2010.

  • Elimínase o tema de cinética e incorporáse no tema do carbono o epígrafe de Polímeros de interese actual: estructura xeral e tipos.
  • BLOQUE 1. Cálculos numéricos elementais en Química.

Reordénanse os diferentes epígrafes. Inclúese de forma explícita o porcentaxe en volume e a masa/volume coma formas de expresa-la concentración, así coma o reactivo en exceso e a dilución de disolucións.

  • BLOQUE 2. Estructura atómica e clasificación periódica dos elementos.

Reordénanse os diferentes epígrafes

  • BLOQUE 3. Enlace químico e propiedades das substancias.

Reordénanse os diferentes epígrafes e retírase o epígrafe “Estudio dos principais compostos de hidróxeno,osíxeno, nitróxeno e xofre: hidruros, óxidos e ácidos”.
Dentro das orientacións do grupo de traballo relativas a este bloque: inclúese a influencia da constante de Madelung no valor de U e inclúese explícitamente a TRPECV.

  • BLOQUE 4. Termoquímica.

Dentro das orientacións do grupo de traballo relativas ás actividades de laboratorio neste tema, elimínase a “Observación cualitativa dun proceso endotérmico. Por exemplo disolución de cloruro de amonio ou de nitrito de amonio en auga”.

  • BLOQUE 5. Equilibrio químico.

Reordénanse os diferentes epígrafes.
Dentro das orientacións do grupo de traballo nas actividades de laboratorio elimínase a parte de“Disolución dos precipitados por formación de especies complexas”.

  • BLOQUE 6. Ácidos e bases.

Reordénanse os diferentes epígrafes.
Dentro das orientacións do grupo de traballo neste bloque:
-nos problemas numéricos cambiase o termo “Problemas de valoración ácido-base por neutralización ácido-base fortes.
-nas actividades de laboratorio elimínase a “Comprobación cualitativa do carácter regulador dunha disolución”

  • BLOQUE 7. Electroquímica.

Reordénanse os diferentes epígrafes.

  • BLOQUE 8. Química do carbono.

Reordénanse os diferentes epígrafes.
Elimínanse dous epígrafes “A reactividades dos compostos orgánicos. Desprazamentos electrónicos, rupturas de enlaces e intermedios de reacción” e “Tipos de reaccións orgánicas: substitución, adición e eliminación”.
Inclúense polímeros de interes actual: estructura xeral e tipos.
Nas orientacións do grupo de traballo relativos a este bloque, especifícase que a nomenclatura será para compostos de carbono que teñan como máximo un grupo funcional.

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOGA nº 120, luns 23 de xuño de 2008, p. 12.183-12335.

Corrección de erros.-Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOGA nº 205, mércores 22 de outubro de 2008, p.19251.

Real Decreto 1892/2008, de 14 de noviembre, por el que se regulan las condiciones para el acceso a las enseñanzas universitarias oficiales de grado y los procedimientos de admisión a las universidades públicas españolas. BOE núm. 283, lunes 24 noviembre 2008, p. 46932- 46946

Corrección de erros del Real Decreto 1892/2008, de 14 de noviembre, por el que se regulan las condiciones para el acceso a las enseñanzas universitarias oficiales de grado y los procedimientos de admisión a las universidades públicas españolas. BOE núm. 75, sábado 28 de marzo de 2009. p. 29661