Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Música e da Danza
H. da Música e da DanzaGrupo de traballoObxectivos xeraisOrientaciónsCriteriosOrientacións
Orientacións
 

1. Valoración das creacións musicais producidas no pasado e no presente, de maneira que poida ter criterios para establecer xuízos estéticos propios sobre elas e sobre a súa difusión e consumo na sociedade actual.

2. Esta materia do Bacharelato de Artes introduce o alumnado no descubrimento dun amplo espectro de manifestacións e estilos, así como de diferentes modos de concibir a creación nestas disciplinas artísticas que, estreitamente relacionadas, discorren conxuntamente ao longo do tempo.

A materia traza un amplo panorama histórico no que teñen cabida os diferentes períodos, nos que, cun criterio máis ou menos convencional, adoita dividirse a historia da música e da danza a partir das súas orixes ata os nosos días, afondando especialmente nas épocas de que nos chegou repertorio de obras. Así mesmo, son obxecto de estudo as características máis relevantes que configuran un estilo, as persoas autoras representativas de cada un e aquelas cuxas obras impulsaron a evolución e o cambio para novas concepcións estéticas da música e da danza.

Os contidos seleccionados proporcionan coñecementos que abordan aspectos históricos, sociolóxicos e estéticos da linguaxe, da expresión e da audición nos diferentes períodos históricos; a existencia de sonoridades e danzas propias de cada un; a creación ou permanencia das diversas formas musicais como un dos principais elementos delimitadores dos distintos estilos; a conexión entre música popular, música culta e danzas e a interpretación entendida como a tradución práctica do código correspondente ou proveniente da tradición. Estes contidos teñen como obxectivo principal o afondamento no coñecemento da música e da danza desde distintas perspectivas: artística, científica, técnica e social.

3. Tendo en conta o amplísimo número de propostas do Decreto, esta Comisión de Historia da Música e da Danza recomenda que se teñan presentes por parte dos docentes, dun xeito mais específico, os seguintes temas, que van da man das súas correspondentes audicións:

Idade Media.

1.1. O canto gregoriano. Características, orixe e evolución.
Audición:  1 PUER NATUS (introito gregoriano)

1.2. Nacemento e evolución da polifonía: Ars Antiqua e Ars Nova. O Códice Calixtino.
Audición: 2 GRATULANTES (Códice Calixtino)

1.3. A música profana. Xograres e goliardos. O fenómeno trobadoresco en Europa. A lírica galaico-portuguesa. Afonso X o Sabio.
Audición: 3 SANTA MARIA, Cantiga nº 100 (Afonso X)
Audición: 4  ONDAS DO MAR DE VIGO (M. Códax)

O Renacemento.
2.1. A polifonía relixiosa. A música da Reforma e da Contrarreforma. A música vocal profana: o madrigal e o estilo madrigalesco.
Audición: 5 MATONA MIA CARA (Orlando di Lasso)

2.2.Principais polifonistas (Palestrina, Lasso e Victoria).
Audición: 6  KYRIE da Misa do Papa Marcello (G. P. L. da Palestrina)
  
2.3. O Renacemento en España. A música vocal profana: vilancico e romance.
 Audición: 7 TODOS LOS BIENES (J. del Encina)

2.4. A danza renacentista. Función social. Nacemento do ballet.

O Barroco.
3.1. A música no Barroco: características, periodización e escolas. Evolución da linguaxe expresiva. O nacemento da ópera.
Audición: 8 VI RICORDA (ORFEO (C. Monteverdi)

3.2. Balé de cour. Comedia ballet.
Audición: 9A MArcha DOS Turcos (J. B. Lully)

3.3. A música e a relixión: cantata, oratorio e paixón.
Audición: 10 CORO inicial da Paixón segundo SAN MATEO (J. S. Bach)
Audición: 11 ALLELUIA (G. F. Haendel)

3.4. As formas instrumentais: orixe, características e evolución.
Audición: 12 O INVERNO (A. Vivaldi)

O Clasicismo.
4.1. As formas instrumentais clásicas: orixe, características e evolución. Música sinfónica e de cámara.
Audición: 13 SINF. A GALIÑA 1º MOV. (J. Haydn)
Audición: 14  PEQUENA SERENATA 4º MOV. (Rondó-Allegretto) (W. A. Mozart)

4.2. Música vocal: a reforma de Gluck. Ópera bufa e ópera seria.
Audición: 15  A FRAUTA MÁXICA. A Raíña da Noite (W.A. Mozart)

4.3. O ballet no clasicismo: o ballet de acción. Novos aspectos do espectáculo. Estética. Innovacións da posta en escena.
Audición: 16 Baile (Acto III, Escena 3ª), ORFEO E EURÍDICE, (Ch.W. Gluck)

O Romanticismo, o Nacionalismo e o Posromanticismo.
5.1. A orquestra romántica. As formas sinfónicas. Sinfonía,
concerto e música programática.
Audición: 17 5ª SINFONIA, 1º mov. (L. van Beethoven)

5.2. O piano romántico. 
Audición: 18 NOCTURNO Op. 9, nº 2  (F. Chopin)

5.3. A ópera. Tendencias. Evolución da ópera como espectáculo.
Audición: 19 LIBIAMO de La Traviata (G.Verdi)
Audición: 20 OS MESTRES CANTORES (obertura) (R. Wagner)

5.4.  O lied.
Audición: 21 ADEUS, MEU MENIÑO (M. del Adalid)
Audición: 22 LIED (Margarida na roca. D. 118) (F. Schubert)

5.5. O rexurdimento musical en Galicia; música instrumental e vocal.
Audición: 23 A NEGRA SOMBRA (J. Montes)

5.6. A música na España do século XIX. A zarzuela.
Audición: 24  DÚO de Felipe e Mari Pepa (R. Chapí)

5.7. O balé romántico. Transición ao ballet académico.
Audición: 25 O CREBANOCES (Danza da fada Larpeirada) (P. I. Tchaikovsky)

Primeiras tendencias modernas.
6.1.-O impresionismo. Características musicais e figuras representativas.
Audición: 26 LA MER (C. Debussy)

6.2.-Novas linguaxes no século XX: o século dos ismos: surrealismo, expresionismo etc. A evolución dos elementos da música.
Audición: 27 IONISATION (P. Varese)
Audición: 28 TIENTO Y BATALLA (C. Halffter)

6.3.-A Segunda Escola de Viena: o dodecafonismo. O neoclasicismo. Representantes principais da composición.
Audición: 29 PIERROT LUNAIRE (A. Schönberg)
Audición: 30 EL SOMBRERO DE 3 PICOS (Danza del molinero) (M. de Falla)

6.4 -Os ballets rusos. Diaghiliev. A danza moderna.
Audición: 31 A CONSAGRACIÓN DA PRIMAVERA (I. Strawinski)