Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Música e da Danza
H. da Música e da DanzaGrupo de traballoObxectivos xeraisOrientaciónsCriteriosOrientacións
Obxectivos xerais da materia
 

A ensinanza da historia da música e da danza no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades:

5.1. Captar a través da audición e/ou visión de obras representativas, con ou sen apoio de partituras, as súas principais características formais, estéticas e estilísticas, co fin de situalas nos diferentes períodos da historia da música e da danza.

5.2. Coñecer as características dos diferentes períodos estilísticos da música e da danza, mediante o estudo das súas obras e persoas creadoras máis representativas, para comprender a evolución e importancia destas disciplinas artísticas no transcurso da historia.

5.3. Coñecer e valorar a importancia da música e a danza como manifestacións artísticas dunha sociedade, así como as súas relacións coa literatura e as demais artes, considerando a influencia de factores de tipo cultural, sociolóxico e estético no proceso creativo.

5.4. Desenvolver e ampliar a formación estética e o espírito crítico, adquirindo o hábito de escoitar ou presenciar espectáculos de música e de danza, en gravacións ou ben en directo, procedentes tanto da tradición clásica coma doutras culturas ou de tendencias populares urbanas actuais, con vistas a construír un pensamento estético autónomo, aberto e flexible.

5.5. Empregar un léxico e terminoloxía apropiada, sexa oralmente ou por escrito, para expresar procesos musicais ou corográficos, así como para formular e defender as súas valoracións críticas e persoais.

5.6. Utilizar con autonomía e creatividade as fontes bibliográficas e as tecnoloxías da información e da comunicación, valorando a súa utilidade como recursos tanto para o coñecemento e a investigación coma para o lecer.

5.7. Valorar e coñecer as achegas realizadas polo Estado español, e en particular por Galicia, á música e á danza, con vistas a apreciar a súa relación co patrimonio artístico e cultural e mais apreciar a riqueza dos seus propios sinais de identidade.

5.8. Comprender e respectar as diversas manifestacións artísticas contemporáneas, impulsando a súa curiosidade e interese cara a elas, con vistas a fomentar a ampliación, de xeito autónomo, das súas preferencias e gustos persoais.

5.9. Comprender o proceso de creación musical e corográfica distinguindo os axentes que inflúen directamente na súa difusión: intérpretes, instrumentos, gravacións, partituras, medios de comunicación etc.