Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Música e da Danza
H. da Música e da DanzaGrupo de traballoObxectivos xeraisOrientaciónsCriteriosOrientacións
Criterios de avaliación
 

Con carácter xeral, son válidos os criterios fixados no DOG.

Valorarase, así mesmo, a capacidade do alumnado para encadrar adecuadamente a forma musical obxecto de exame, ben en pregunta teórica ben en audición, no contexto histórico que lle deu orixe, achegando canto máis datos poida sobre a devandita forma musical, as súas características propias, o estilo do compositor, o seu lugar na sociedade do momento etc.

En canto á proba específica de audición, valorarase que o alumnado poida encadrala axeitadamente no seu período histórico concreto, recoñecendo, a ser posible, a obra de que se trata. Así mesmo, debe determinar a súa forma musical, os instrumentos que nela concorren, os trazos estilísticos que a caracterizan e o lugar que ocupa na produción musical do compositor, naqueles casos nos que esta información poida obterse/ deducirse da audición. Todos estes aspectos deberán ser desenvolvidos cunha lóxica interna na que prime, ademais dos criterios antes sinalados, o principio da non existencia de ideas contraditorias o incompatibles dentro do mesmo comentario en particular e en xeral de todo o exame.

CUALIFICACIÓNS (mesmos criterios de avaliación ca en anos anteriores)
Haberá dous bloques, teórico/ práctico, que globalmente terán a puntuación de 6/ 4 (6 o teórico, 4 o práctico). Tanto no teórico coma no práctico haberá dúas opcións (A/ B)

Teórico
Tema
Definicións
Práctico

(6 puntos)
4 puntos
2 puntos
(4 puntos)