Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Música e da Danza
H. da Música e da DanzaGrupo de traballoObxectivos xeraisOrientaciónsCriteriosOrientacións
Anterior
1. Canto Gregorián, Puer natus est nobis
Seguinte

Audio 1 Puer natus est nobis (Canto Gregorián). Séculos VIII-IX. O introito da Misa de Nadal (“Un neno naceunos”) é unha das melodías de máis sona e máis antiga tradición de todo o repertorio gregorián. Escrita no modo VII, tamén chamado mixolidio (base Sol, nota de recitado Re), desenvólvese cunha discreta ornamentación que deixa entrever unha arcaica melodía estruturada en seccións lineais xustapostas constituíndo a antífona, á que se lle engade o correspondente salmo (“Cantate Domino canticum novum”). Na orientación interpretativa da Escola de Solesmes altérnase na antífona o canto dos solistas coas respostas do coro de monxes, mentres o salmo adoita facerse, trala entoación do solista, alternando a Schola e o todo do coro. O Introito está situado no arranque da Misa; orixinariamente, no formato tridentino, cantábase un salmo íntegro coa antífona, precisamente durante a procesión solemne de entrada do sacerdote e acólitos cara ó altar (“antiphona ad introitum”) recortándose máis tarde ata quedar unicamente a antífona e un versículo do salmo.

Anterioranterior
seguinteSeguinte