Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Matemáticas II
Matemáticas IIGrupo de traballoOrientacionesDirectricesModelo de exameCriterios de corrección
Circular informativa 2012-2013
 

Agustín Bonome Dopico
DEPARTAMENTO DE XEOMETRÍA E TOPOLOXÍA
FACULTADE DE MATEMÁTICAS
Universidade de Santiago de Compostela
Teléfono: 881813219, 881813130 (Ext 13136) Fax: 981597054
Correo electrónico: agustin.bonome@usc.es



Estimados/as compañeiros/as:

Como director do Grupo de Traballo de “Matemáticas II” e no nome de todo o grupo, póñome en contacto con todos vós para vos saudar e sinalar que se manteñen os mesmos criterios que nos cursos anteriores para a o exame desta materia. Lembrar que será o mesmo exame para os alumnos/as que elixan Matemáticas II  como materia de modalidade na fase xeral  que  para aqueles/as que opten por examinarse desta materia na fase específica e o exame constará de dúas opcións (opción A e opción B) e cada estudante terá que elixir unha delas sen que poida mesturar exercicios dunha opción cos da outra. Cada opción constará de catro exercicios: un de álxebra (3 puntos), un de  xeometría (3 puntos) e dous de análise (2 puntos cada un deles). Aínda que os alumnos/as serán debidamente informados/as, sería conveniente que os/as avisedes de que, se resolven exercicios das dúas opcións, só se avaliarán os exercicios da opción que correspondan ao primeiro exercicio que responda o/a alumno/a.

Lembrar tamén que a representación gráfica de funcións limitarase ás funcións polinómicas e racionais aínda que si serán materia de exame as aplicacións da derivada: recta tanxente, estudo da monotonía, extremos, concavidade e convexidade, puntos de inflexión, de funcións nas que aparezan operacións coas funcións elementais (non so as polinómicas e racionais).

Os alumnos/as poderán utilizar as calculadoras científicas habituais non gráficas e non programables. Todos os procesos conducentes á obtención de resultados deben estar razoados; en caso contrario, non serán valorados. Como norma xeral, cómpre insistir de novo en que é necesario que os/as alumnos/as expliquen o razoamento seguido na resolución dos exercicios.

Para calquera información así como para calquera suxestión que queirades facer, non dubidedes en contactar comigo ou con algún membro do grupo de traballo.

Recibide un cordial saúdo.