Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Literatura Universal
Literatura UniversalGrupo de traballoDocumentación

Documentación para os profesores

 

De acordo co Decreto 126/2008 de 19 de xuño de 2008 polo que se establece a ordenación e o currículo de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia, 23 de xuño de 2008), a materia “Literatura Universal” pódese dividir en dous bloques temáticos:

1) Dende a Antigüidade até o Romanticismo (apartados 1.1 a 1.4).
Non é necesario ter lido todos os autores mencionados dado que a pregunta do exame versaría sobre algúns dos bloques temáticos. Os autores serven de exemplo soamente.

2) Dende a segunda metade do século XIX até a actualidade (apartados 2.1 a 2.2).
Non é necesario ter lido todos os autores mencionados dado que a pregunta do exame versaría sobre algúns dos bloques temáticos. Os autores serven de exemplo soamente.

  1. Literatura greco-latina e literatura medieval: breve panorama das literaturas bíblica, grega e latina; o heroe clásico da épica (Homero, A Ilíada e A Odisea; Virxilio, A Eneida) e da traxedia (Eurípides, Sófocles y Esquilo); o papel das personaxes femininas e masculinas, Ovidio. As Heroidas.
  2. A narrativa medieval (A Divina Comedia, Le Roman de la Rose, The Canterbury Tales, Rabelais).
  3. O Renacemento: os trocos no mundo e a nova visión humanista (Thomas More, Giordano Bruno, Erasmo, Maquiavelo); o soneto (Dante, Petrarca, Shakespeare); o nacemento do relato moderno; o teatro clásico europeo (Corneille, Moliére, Racine); o teatro isabelino (Shakespeare, Marlowe).
  4. A Ilustración e o Romanticismo: a prosa ilustrada (Voltaire, Diderot, Montesquieu, Montaigne, Madame de Staël, Chateaubriand); a novela inglesa e europea (Daniel Defoe, Jonathan Swift, Henry Fielding, Samuel Richardson, Laurence Sterne, Voltaire); a conciencia histórica e o novo sentido da ciencia do Romanticismo (Rousseau, Herder, Goethe); a poesía romántica (Goethe, Schiller, Heine, Lamartine, Vigny, Musset, Victor Hugo, Leopardi, Pushkin, de Quental, Wordsworth, Coleridge, Byron, Shelley, Keats, Tennyson, Browning, Barret Browning, Manley Hopkins); a novela histórica (Scott).
  5. O século XIX: as innovacións filosóficas, científicas e técnicas e a súa influencia na creación literaria (Kant, Schopenhauer, Carlyle, Nietzsche, Huysmans); Marx, Darwin e Freud; a narrativa romántica e o Realismo en Europa (Stendhal, Balzac, Zola, Flaubert, Dickens, Thackeray, Trollope, las Brontës, George Eliot, Hardy, Gógol, Turguéniev, Tolstoi, Dostoievski; de Queiroz, Fogazzaro; principais novelistas do século XIX; as personaxes femininas (Madame Bovary, Anna Karenina); o nacemento da literatura norteamericana (Emerson, Whitman, Longfellow, Dickinson, Hawthorne, Melville, Twain); o renacemento do conto (Poe, Chéjov, Maupassant); o Simbolismo (Baudelaire, Verlaine, Rimbaud, Mallarmé); o novo teatro (Ibsen, Strindberg, Shaw, Büchner).
  6. O Modernismo: os cambios políticos e culturais de principios do século XX; as innovacións filosóficas, científicas e técnicas e a súa influencia na creación literaria (Heidegger, Russell, Sartre); o existencialismo e o marxismo; unha nova forma de escribir a novela (Conrad, James, Proust, Camus, Joyce, Woolf, Laurence, Mann, Kafka, Svevo, Gorki, Nabokov, Pasternak, Kundera); novela poscolonial (Naipaul, Rushdie, Morrison, Godimer); a trama policíaca (Simenon, Chandler, Hammett, Chesterton, Christie); as vangardas europeas; poesía (D’Annunzio, Valéry, Claudel, Pound, Yeats, Eliot, Heaney, Rilke, Ungaretti, Pessoa); a xeración perdida na literatura norteamericana (Fitzgerald, Hemingway, Faulkner); literatura escrita por mulleres (Woolf, Mansfield); o teatro do absurdo e o teatro de compromiso (Ionesco, Pinter, Beckett, Brecht). A literatura e as outras artes: adaptacións de grandes obras ao cine (The Third Man, Apocalypse Now, Ran, Richard III, Henry V); o cine como literatura (Griffith, Ford, Welles, Eisenstein, Kurosawa, Lang, Fellini, Visconti, Renoir, Chabrol, Truffaut); a canción moderna (Jacques Brel, Juliette Greco, Leonard Cohen, Bob Dylan, Historia da música popular, jazz, blues, rock, rap, reggae, hip-hop)

Advírtase que os autores e obras de Literatura Galega e Literatura Castelá non entran no contido deste programa. Porén, o alumnado terá que contextualizar a “Literatura Universal” con relación a ambas as literaturas

Textos de lectura obrigatoria:
Gustave Flaubert. Madame Bovary.
William Shakespeare. Hamlet.

 

MODELO DE EXAME

Nótese que o exame é orientador e poden producirse axustes ao longo do curso

 

Exame A
1ª PARTE

  1. Describe as características principais da literatura romántica (2 puntos).
  2. Describe as características principais da narrativa realista do s.XIX (2 puntos).
  3. Relaciona os seguintes autores coas súas obras (1 punto):
William Shakespeare
Herman Melville
Homero
Dostoievski
Goethe
Moby Dick
Crime e castigo
King Lear
Fausto
A Odisea

2ª PARTE

  1. A personaxe feminina en Madame Bovary. (2,5 puntos)
  2. ¿Por que Hamlet non actúa? (2,5 puntos).

Exame B

1ª PARTE

  1. Describe as características principais do Renacemento (2 puntos).
  2. Describe as características principais do Modernismo (2 puntos).
  3. Relaciona os seguintes autores coas súas obras (1 punto):
Virgilio
Tolstoi
T. S. Eliot
F. Scott Fitzgerald
Balzac
O gran Gatsby
A Eneida
Papá Goriot
Anna Karenina
A terra baldía

2ª PARTE

  1. Describe o retrato da sociedade provinciana en Madame Bovary (2,5 puntos).
  2. Describe o personaxe de Hamlet (2,5 puntos).

Bibliografía
Os libros de texto consultaranse nas principais editoriais.
“Bi Vir”, unha biblioteca virtual de obras traducidas ao galego.