Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

Lingua Castelá e Literatura

 


Aprezadas/os colegas:

En primeiro lugar e no nome do Grupo de Traballo da materia de Lingua Castelá e Literatura, desexamos agradecer as comunicacións que nos facedes chegar moitos de vós coas vosas opinións, suxestións e valoracións. Asemade, desexamos agradecer tamén a resposta masiva ao cuestionario sobre o exame de selectividade da nosa materia que fixemos no ano 2010. A presente circular xorde coma resposta a ese cuestionario e ás vosas suxerencias. Se non o fixemos antes foi debido a que tanto a directora do Grupo de Traballo como o subdirector (e director no momento de enviar o cuestionario) estivemos afastados das probas por incompatibilidade familiar.
Como resultado do que nos indicástedes maioritariamente nas respostas a ese cuestionario, introducimos algunhas novidades nas probas a partir de xuño do ano 2013, que suporán un reforzamento da orientación comprensiva e comunicativa, unha renovación parcial das lecturas literarias e pequenas mudanzas no apartado literario (que pretenden buscar a comprobación da lectura real dos alumnos das obras literarias) así como unha reorganización do cuestionario teórico da materia literaria. Tamén, na parte lingüística, facemos unha pequena reorganización da puntuación para satisfacer a demanda de dotar á pregunta 4 de maior peso na proba.
En síntese, o exame consistirá nun exercicio cos seguintes apartados e preguntas:
1ª Parte (2.5 puntos)

  1. Significado de palabras o expresiones en un texto (1.0 puntos)
  2. Resumen o esquema de un texto (1.5 puntos)

O esquema deberá ordenar as ideas e xerarquizarlas, incluíndo as principais e as secundarias. Empregaranse esquemas nominais e non oracionais para cada un dos epígrafes.
A través da lectura tanto do resumo como do esquema, alguén que non lese o texto debería poder saber de que trata e cales son as ideas principais.
2ª Parte (1.5 puntos)

  1. Comentario crítico del contenido de un texto

Repetimos aquí as orientacións de circulares anteriores dirixidas ao alumnado:

  1. Deberás tratar de convencer con argumentos e contraargumentos.
  2. Deberás organizar o teu texto debidamente; podes estruturalo en partes (sen indicalas) como, por exemplo, tesis, argumentación e conclusión.
  3. Deberás manexar os recursos lingüísticos axeitados: verbos de pensamento, de dúbida… adverbios e conectores que faciliten a exposición de argumentos, fórmulas que impliquen ao receptor, etc.
  4. Valoraremos a corrección e a adecuación da linguaxe ao que se solicita, preferindo sempre a sinxeleza aos tópicos e ás fórmulas de recheo.
  5. Deberías ser quen de detectar os criterios nos que se basea o autor para defender o que di.
  6. Deberías ser capaz de engadir exemplos que ilustren os teus argumentos ou contraargumentos e deberías ser capaz de chegar a conclusións, ainda que sexan provisionais.
  7. Non se trata de realizar unha análise formal do texto, ainda que poderás referirte a algún trazo formal se estimas que contribúe a reforzar a túa argumentación.
  8. Penalizaremos o feito de repetires o texto, que digas obviedades, que empregues frases ocas ou insustanciais, rexistros coloquiais ou que cometas erros de expresión ou ortográficos.
  9. Non deberás exceder as 50 liñas.

3ª PARTE (2 PUNTOS)

  1. Esta terceira parte constará de dúas cuestións que serán ambas obrigatorias; unha delas referirase á identificación e explicación de fenómenos ortográficos, morfolóxicos, sintácticos, compositivos, de funcións sintácticas, de categorías, de relacións, de referentes intratextuais, etc. (1.0 puntos); a outra referirase á creación de pequenas estructuras guiadas (1.0 puntos).

As preguntas serán formuladas consonte o seguinte modelo:

  1. Coñecemento das posibilidades de creación de palabras e enriquecemento do léxico mediante a composición, derivación, parasíntese e acronimia.
  2. Identificación e uso das diferentes clases de palabras.
  3. Identificación e emprego axeitado das diferentes formas verbais e das diferentes formas de perífrases verbais.
  4. Identificación e emprego das diferentes clases de sintagmas ou frases, dos seus constituíntes e das diferentes funcións que podan exercer nas cláusulas ou oracións.
  5. Identificación e uso das diferentes funcións primarias de cláusula ou oración (suxeito, predicado, etc.)
  6. Identificación e uso das diferentes relacións existentes entre estruturas sintácticas.
  7. Coñecemento das diferentes relacións léxico-semánticas das palabras (sinonimia, antonimia, hiperonimia, campo léxico e campo semántico, mediante a identificación nun texto ou o emprego de sinónimos, antónimos, etc.).
  8. Identificación de voces patrimoniais, cultismos, semicultismos e préstamos.
  9. Identificación e corrección de interferencias lingüísticas entre o galego e o español.
  10. Identificación de trazos característicos do español de América.

Insístese en que:

  1. O alumnado deberá contestar a ambas preguntas.
  2. NON se pedirá unha análise sintáctica formal.
  3. NON se pedirá análise morfolóxica de palabras, pero poderá pedirse identificación de elementos.
  4. Poderase preguntar por todos aqueles elementos que contribúen a dotar de cohesión e coherencia a un texto; por exemplo, antecedentes de relativos, referentes textuais de pronomes, valores anafóricos e catafóricos dalgún elemento, identificación e emprego de conectores, etc.
  5. As preguntas formuladas seguindo o modelo sinalado en 9 e 10 NON serán teóricas; non se tratará de reproducir trazos das variedades aprendidos memorísticamente, senón de identificalos nun texto. Pensamos que a inclusión destas cuestións abre a posibilidade de empregarmos en clase lecturas do español de América ou do español ou castelán de Galicia, o que acentúa o carácter comprensivo do traballo do alumnado.

4ª PARTE (4 PUNTOS)

Esta parte constará de dúas preguntas dobres. Cada apartado terá un valor de 1.0 puntos. Unha pregunta dobre referirase á/s obra/s lida/s no curso e a outra á historia da literatura.

Seguindo as preferencias sinaladas nos cuestionarios por unha maioría moi significativa dos docentes de secundaria, as obras escollidas son as seguintes:

  1. La Fundación
  2. Campos de Castilla
  3. Plenilunio
  4. Crónica de una muerte anunciada

5ª Pregunta:
Terá dúas partes:

  1. Co apoio dun pequeno fragmento dunha das obras (que estará identificado), poderase preguntar sobre unha personaxe, sobre o momento argumental do fragmento, sobre os temas dun poema, etc.
  2. Tamén co apoio dun pequeno fragmento, preguntaranse características da obra. As preguntas tipo poden ser:

Sobre Plenilunio:

  1. Temas de Plenilunio.
  2. Técnicas narrativas da novela.
  3. Tempo e espacio da novela.
  4. Punto de vista do narrador.

Sobre La Fundación:

  1. Técnicas e recursos dramáticos en La Fundación.
  2. Análise de personaxes de La Fundación.
  3. Argumento e temas fundamentais en La Fundación.
  4. Lugar, tempo e acción en La Fundación.

Sobre Crónica de una muerte anunciada

  1. A técnica do realismo máxico en Crónica de una muerte anunciada.
  2. A importancia do honor en Crónica de una muerte anunciada.
  3. O perspectivismo como técnica narrativa en Crónica de una muerte anunciada.
  4. Análise de personaxes de Crónica de una muerte anunciada.

Sobre Campos de Castilla

  1. A paisaxe en Campos de Castilla.
  2. Principais símbolos machadianos en Campos de Castilla.
  3. Principais trazos formais na obra Campos de Castilla.
  4. Importancia da obra Campos de Castilla na poesía española anterior á Guerra Civil.

As sub-preguntas 5A e 5B NON teñen por que versar necesariamente sobre a mesma obra. Dado que as preguntas irán vinculadas a un pequeno texto, as lecturas adquiren valor de OBRIGATORIAS e non son unha mera recomendación.
Os fragmentos seleccionados serán sempre moi significativos. Non se pretende sorprender ao alumnado, senón potenciar a lectura reflexiva das obras.

6ª Pregunta. Dúas sub-preguntas:

  1. Pode consistir en cuestións breves coma as seguintes:
  2. Sinalar autores dun movemento ou época determinados así como as súas obras mais salientables.
  3. Indicar, dunha lista que se lles facilita, que trazos pertencen a determinado movemento literario, época, autor…
  4. Sinalar os dez trazos máis característicos dun movemento, grupo ou xeración, dun autor…
  5. Pode consistir en responder brevemente (non mais dunha cara dun folio) a unha das seguintes cuestións:
  6. A literatura española no século XVIII a través da prosa didáctica e o teatro.
  7. O Romanticismo. Características xerais e principais aportacións en poesía (Espronceda, Bécquer e Rosalía) e teatro (Don Juan Tenorio).
  8. Realismo e Naturalismo. Características xerais do movemento. A narrativa realista: Galdós, Clarín e Pardo Bazán.
  9. O Modernismo. Características xerais a través da figura de Rubén Darío.
  10. As traxectorias poéticas de Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez.
  11. O grupo poético do 27 a través dalgúns dos principais autores: Salinas, Lorca, Alberti e Cernuda.
  12. A xeración do 98: Baroja, Unamuno e Azorín.
  13. O teatro español anterior á Guerra Civil: Benavente, Lorca e Valle-Inclán.
  14. A poesía española nas tres décadas posteriores á Guerra Civil: Miguel Hernández, Blas de Otero e Gil de Biedma.
  15. A novela española nas tres décadas posteriores á Guerra Civil: Cela, Delibes e Martín Santos.
  16. A figura de Buero Vallejo no teatro español posterior á Guerra Civil. A renovación do teatro no chamado Teatro Independente (por exemplo, Els Joglars, La Fura, Els comediants...).
  17. A narrativa hispanoamericana da segunda metade do século XX. O boom da narrativa: Borges, Cortázar, García Márquez, Vargas Llosa.

As preguntas tratan de ser máis concretas que as propostas anteriormente. Asemade, ao centralas nalgúns autores, búscase que profundicen neles en concreto, que lean fragmentos e así se poidan empregar textos seus coma materiais de traballo na aula.
Tanto a sub-pregunta 6A coma a 6B poderán referirse a movementos, xéneros ou épocas diferentes.

Rogamos nos disculpedes que enviemos esta circular informativa a comenzos de curso. A nosa idea era facelo antes do fin do curso pasado, mais a dirección da CIUG considera que as novidades non poden anunciarse antes de que rematen as convocatorias de selectividade do curso anterior. Grazas.

A directora do Grupo de Traballo
Rosa Pérez Rodríguez
Universidade de Vigo

O Subdirector do Grupo de Traballo
Joaquín Sueiro Justel
Universidade de Vigo


MODELO DE EXAME: LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
TEXTO
Poco a poco el español se tendrá que ir vacunando contra esa desconfianza que le produce el que se va a vivir fuera. Provocaba una simpatía lógica el obrero que se veía obligado a emigrar al norte de Europa en los años del desarrollo, y el resquemor torvo quien se marchaba por aburrimiento o porque buscaba nuevos horizontes en un tipo de trabajo cualificado. Hoy sigue siendo una experiencia común a aquellos jóvenes profesionales que trabajan en el extranjero que, al volver a su pueblo o a su barrio, se les desautorice cuando opinan sobre algo que sucede en España: “Tú es que como vives fuera no sabes de qué va esto”. Ni tan siquiera se les concede la posibilidad de tener una visión más amplia o menos intoxicada sobre el propio país por haber probado otros sistemas de vida. Pero este mal tan arraigado que se llama mezquindad se tendrá que ir curando. La realidad se ha impuesto crudamente a algo tan difícil de cambiar como es la costumbre de respirar un ambiente poco aireado. Y los primeros que están empezando a pensar que en España no se vive mejor que en ningún sitio son esos padres que han luchado por que sus hijos tengan una preparación sólida y ahora ven cómo han de marcharse lejos de casa para labrarse futuro, o al menos, un presente digno. No es extraño que uno de aquellos hombres que se fueron a Alemania a trabajar con un mono vea ahora como es su hijo ingeniero o informático quien tiene que emigrar. Y si bien es cierto que lo hace en otras condiciones, con más experiencia y una dosis mínima de cosmopolitismo, también lo es que a nadie le gusta marcharse por obligación. O que a casi todo el mundo le gusta volver. Y que sería deseable que nuestro país pudiera albergar en un futuro a esa gente a la que formó. Nos aportarían la excelencia de su trabajo, pero también algo que nos falta: aire fresco. Aire fresco.
Elvira Lindo: El País, 02/02/2011
CUESTIONES
PRIMERA PARTE (2.5 PUNTOS)

  1. Explica el significado de las siguientes palabras destacadas en el texto: resquemor, mezquindad, desautorice, arraigado, cosmopolitismo (1.0 puntos)
  2. Resume el contenido del texto; hazlo entre 5 y 10 líneas. Si lo prefieres, puedes optar por elaborar un esquema ordenado que ponga de relieve las ideas principales (1.5. puntos)

SEGUNDA PARTE (1.5 PUNTOS)

  1. Redacta un comentario crítico sobre el texto, manifestando tu acuerdo o desacuerdo con las ideas contenidas en él. Recuerda que debes elaborar un texto propio, argumentativo, bien organizado, redactado con corrección y adecuación.

TERCERA PARTE (2.0 PUNTOS)
CONTESTA A LAS DOS PREGUNTAS SIGUIENTES:
4.a) Localiza los pronombres que aparecen en el siguiente fragmento e indica el tipo, el referente y la función sintáctica que desempeñan (1.0 puntos)
O que a casi todo el mundo le gusta volver. Y que sería deseable que nuestro país pudiese albergar en un futuro a esa gente a la que formó. Nos aportarían la excelencia de su trabajo, pero también algo que nos falta: aire fresco.
4.b). Añade a la siguiente estructura los elementos necesarios para convertirla respectivamente en una oración causal, una concesiva y una condicional irreal situada en el pasado: (1.0 puntos)
                               Nos aportarían la excelencia de su trabajo…
CUARTA PARTE (4 PUNTOS)
5.a) Tomás observa la desaparición de la lámpara sin demasiada sorpresa y se pasa una mano por la frente. Luego va a la cabecera de la cama para encender la pantallita adosada a la pared. Va a extender la mano y ve cómo la pantallita se sume en el muro. Max sale del encortinado chaflán abrochándose el pantalón bajo la camisa suelta. Tomás vuelve a la derecha del primer término)
TOMÁS: Asel…¿Nunca hubo nada aquí? (La Fundación, de Buero Vallejo)
¿Qué indica esta acotación en el proceso de transformación de Tomás? Habla brevemente de este personaje y de su evolución(1.0 puntos)
5.b) Temas fundamentales de Plenilunio (1.0 puntos)
6.a)La renovación teatral a través del llamado teatro independiente (por ejemplo, Els Joglars, La Fura dels Baus, Els Comediants...).(1.0 puntos)
6.b) Señala qué autores de los siguientes pertenecen al llamado Grupo Poético del 27 y cuáles no. Los que descartes, indica a qué generación, grupo o época pertenecieron y por qué género literario son conocidos: (1.0 puntos)
Cela, Salinas, Gil de Biedma, Alberti, Unamuno, Juan Ramón Jiménez, Borges, Miguel Hernández, Azorín, Valle Inclán.