Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Lingua estranxeira II: Inglés
InglésGrupo de traballoOrientaciónsEstrutura da probaModelo de exameCriterios de corrección

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA DE INGLÉS
NORMAS PARA AS PROBAS DE ACCESO: 2011 / 2012

 

A. Exame escrito

1. Formato do exame
Propoñeranse dous textos, dos que o alumnado elixirá exclusivamente un deles. Os dous textos poden diferir canto á súa temática e tipoloxía (diálogo, narración, descrición, ensaio, historia curta etc.) O Grupo de Traballo recomenda que os profesores practiquen cos seus alumnos a realización das probas, de tal xeito que adquiran unha boa técnica de exame e que sexan capaces de recoñecer rapidamente que esixe deles cada pregunta, entre que límites de palabras deben moverse, os diferentes tipos de contestación que requiren as preguntas 4 e 5 etc. A rúbrica da introdución é a seguinte: “Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English."

2. Tipoloxía das preguntas
Formularanse seis preguntas sobre cada texto. Estas axustaranse ás pautas que se indican a continuación.
Question 1. 1 punto
Question 2. 1 punto
Question 3. 2 puntos
Question 4. 2 puntos
Question 5. 3 puntos
Question 6. 1 punto (Audición)

TOTAL = 10 puntos

2.1. Na primeira pregunta o alumnado deberá facer un resumo que recolla o máis fielmente posible a historia que se narra no texto. Nesta pregunta o alumno deberá utilizar, na medida do posible, un vocabulario e un estilo propio.

Exemplo:

Question 1: Write a summary of the text in English, including the most important points, using your own words whenever possible (maximum 50 words, 1 point).

2.2. A segunda pregunta incluirá dous apartados e centrarase na comprensión de palabras e expresións do texto.

Exemplo:

Question 2: Find words or phrases in the text that correspond in meaning to the words and definitions given here. (1 point; 0.25 each)

 
2.3. A terceira pregunta está formada por catro pares de frases relacionadas co texto e dispostas do seguinte xeito: a primeira delas será completa e funcionará como “prompt” para completar a segunda. 

Exemplo:

Question 3: Complete the second sentence of each pair so that it has the same meaning as the first one. (2 points; 0.5 point each)
a) She respects her father very much so she always agrees with everything he says.
If she did not respect her father very much ...... (0.5 points)
b) Bernard gave up smoking three months ago.
Bernard has not ........ (0.5 points)
c) The weather has changed so we cannot go sailing.
As ........ (0.5 points)
d) Charles Chaplin was a comedian; he died in Switzerland.
Charles Chaplin, who ......... (0.5 points)
(Total = 2 puntos)

O modo en que se complete a segunda frase debe estar en relación co significado da primeira frase. “If she did not respect her father very much, she would not agree with everything he says”, no segundo exemplo “Bernard has not smoked for three months”, etc. O obxectivo básico desta pregunta é comprobar o manexo por parte do alumno das estruturas gramaticais básicas.

2.4. A cuarta pregunta será esencialmente de comprensión do texto, aínda que require que o alumno achegue tamén as súas propias ideas. Nela requirirase tamén do alumno que achegue, na medida do posible, a súa propia expresión, evitando a repetición do texto escrito. En ningún caso poderá o alumno contestar con respostas curtas do tipo “Yes, he does” ou “No, they haven’t”. Esta pregunta formularíase en dous apartados.

Exemplo:

Question 4: Answer the following questions in your own words, as far as possible. (2 points; 1 point each)

2.5. A quinta pregunta será máis aberta cás anteriores e estará indirectamente conectada co texto. Nesta pregunta preténdese que o alumnado poida expresar por escrito as súas propias opinións, ideas, pensamentos ou experiencias sobre a cuestión que se formular. O alumno deberá escribir aproximadamente 120 palabras. A fórmula desta pregunta varía considerablemente segundo o exame, mais podería formularse, a modo orientador, como segue:

Question 5: “What is your opinion about...?” “Do you fully or partially agree with...?” “Why / Why not?” “What would you have done in a situation like that?”, “Write a letter to your teacher, explaining why you couldn’t go her / his homework last week”, “Write a  description of your own home”, etc. (3 points).

Question 6: Listening Test (1 point).

A proba de audición consiste en dez respostas cún valor de 0,1 puntos cada unha.