Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia de España
Historia de EspañaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exame
Circular informativa -Novembro 2009-
 

O Grupo de Traballo considera necesario informar ao profesorado da materia sobre os seguintes asuntos:

  1. A disciplina Historia de España, polo que respecta á preparación do alumnado para as Probas de Acceso á Universidade, resulta minimamente afectada, tanto no seu contido como no tipo de proba  desenvolta na Selectividade.
  2. O exame versará sobre os mesmos contidos ca nos anos anteriores, obviamente contemplados no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Parécenos necesario que o profesorado atenda ás Orientacións para a preparación da proba, que se publican nesta mesma páxina web, referidas exclusivamente a aqueles contidos que poden ser obxecto de exame.
  3. Cremos que o alumnado debe estar perfectamente informado dos criterios de avaliación que se aplicarán con carácter xeral, a partir dunha estrutura acordada co Grupo de Traballo de Historia da Filosofía e que tamén figuran nesta web.
  4. Logo de dez anos de experiencia cun modelo de exame de Composición dun Texto Histórico que, en opinión xeneralizada, deu resultados positivos, non consideramos pertinente introducir cambios neste. A única variación consiste en incluír nas orientacións que encabezan cada opción as cuestións concretas que se deben desenvolver na composición, en cumprimento da normativa vixente. Para salientar esta continuidade, o modelo de exame proposto contén as mesmas opcións e documentos có da convocatoria de xuño de 2009, coa pequena modificación comentada na redacción das orientacións iniciais. Debe quedar claro que non se trata de responder individual e separadamente ás cuestións requiridas senón de integrar o seu tratamento na redacción, tal como se veu facendo en todos os anos anteriores.
  5. Respecto á redución horaria sufrida pola materia, de catro a tres sesións semanais, o Grupo de Traballo lembra que, tendo en conta as Orientacións citadas no punto 2, a situación dende este punto de vista é exactamente a mesma que entre os anos 2000 e 2004 (tres sesións semanais e exame de Composición dun Texto).

 

Xesús Balboa López, director do Grupo de Traballo