Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Lingua estranxeira II: Francés
FrancésGrupo de traballoEstrutura da proba
Estrutura da proba
 

O Grupo de Traballo de Francés acordou por unanimidade na súa reunión do día 26 xuño de 2009  darlle a proba de francés das PAUU  do curso 2009- 2010 a seguinte estrutura.

PAAU 2009-10
Proba de Francés

De acordo cos criterios indicados pola CIUG, o exame constará de dúas probas:

A. Proba escrita (60 minutos).
B. Proba de audición (30 minutos).

Duración total do exame: 1hora e 30 minutos.

A. PROBA ESCRITA
Duración: 60 minutos.

Características xerais da proba

— Proporanse aos alumnos/as dous textos en francés.
— Elixirán un dos textos propostos.
— Deberán responder en francés ás preguntas que se formulen sobre o texto elixido.
— Extensión dos textos: en torno a 300 palabras.

Características dos textos
 
A tipoloxía dos textos será variada, nun rexistro de lingua estándar, e abordará, preferentemente, temas de actualidade, aspectos relacionados coa cultura francófona, temas que sexan de interese para o estudantado etc.

Características das preguntas sobre os textos e valoración:
Número total de preguntas:  formularanse tres preguntas sobre cada un dos textos propostos.

Pregunta 1 :  Puntuación: 2 puntos.

Test de comprensión sobre o texto:
Os alumnos/as contestarán verdadeiro ou falso a unha serie de preguntas sobre o texto.

Pregunta 2: Puntuación: 3 puntos.

Esta pregunta ten por obxectivo verificar o coñecemento práctico dos aspectos léxicos e morfosintácticos da lingua.

Pedirase ao alumnado, preferentemente, que transforme ou complete estruturas oracionais, substitúa elementos dunha oración, busque sinónimos etc.

Pregunta 3: Puntuación: 4 puntos.

Nesta pregunta pedirase ao estudantado que faga unha pequena redacción en francés cunha extensión en torno a cen palabras.

O tema estará relacionado coa temática do texto proposto.

Valorarase a coherencia do discurso, a fluidez na expresión e a corrección morfosintáctica, así como a riqueza de recursos expresivos do alumno.

Os 4 puntos cos que se valorará a pregunta repartiranse de acordo cos  seguintes criterios:
   a) Fluidez na expresión, boa utilización das estruturas sintácticas e morfolóxicas: 1’5 puntos.
   b) Ortografía: 0’5 puntos.
   c) Riqueza  e emprego axeitado do vocabulario: 1 punto.
   d) En relación co contido: organización, presentación das ideas, encadeamentos lóxicos, estrutura clara do texto: 1 punto.

   Valorarase negativamente:
   a) Non responder adecuadamente ao tema presentado na pregunta.
   b) Non axustarse á extensión establecida. 
   c) Repetir literalmente as frases do texto.

Puntuación total da proba escrita: 9 puntos.

B. PROBA DE AUDICIÓN

A avaliación da proba de comprensión oral intégrase plenamente na avaliación xeral do exame de francés. A puntuación máxima que os candidato/as poden obter será de 10 en lugar dos 11 puntos actuais.

Duración: 30 minutos.

Características xerais da proba:

Audición dun documento de audio en francés (escoitarase tres veces).
Os estudantes cubrirán un test de resposta múltiple.
Duración do documento de audio: será de aproximadamente 2 minutos.

Desenvolvemento da proba de audición:
Entregarase aos estudantes o cuestionario ao que deben responder para que o poidan ler.
Primeira audición do documento.
Segunda audición do documento.
Tempo para que os estudantes poidan responder ao cuestionario.
Terceira audición do documento.
Tempo para que os estudantes poidan responder ao cuestionario.
 
Características do documento:
Será un documento de audio en francés, nun rexistro de lingua estándar, que abordará, preferentemente, temas de actualidade, aspectos relacionados coa cultura francófona, temas que sexan de interese para os estudantes etc.

Características das preguntas sobre os documentos:
Haberá un total de dez preguntas de tipo test de elección múltiple.
Cada unha das dez preguntas valorarase con 0,1 puntos.
Non se penalizarán as respostas erróneas.

Puntuación da proba de audición: 1 punto