Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Física
FísicaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de examePrácticasProblemas
PRÁCTICAS
1. Orientacións xerais relativas á realización das prácticas
2. ERROS E CIFRAS SIGNIFICATIVAS seguinte

As prácticas presentadas están estruturadas de xeito xeral seguindo catro apartados:

  • Introducción ou presentación xeral, onde se inclúe un breve estudio teórico.
  • Obxectivos da práctica.
  • Procedemento experimental para realiza-la experiencia. Dado a falta de uniformidade na dotación de material para a realización das prácticas, prescindimos da pormenorización exhaustiva de material especial para as mesmas.
  • Cuestións relativas á práctica.
  • Indicacións para cubrir unha ficha sobre a experiencia

É conveniente compara-los resultados entre as diversas prácticas, analiza-las hipóteses previas e, con posterioridade, anota-las conclusións na ficha correspondente.

Convén salientar que o que aquí se presenta non son exactamente experiencias de investigación, senón só orientacións para reproducir algúns dos pasos elementais dun proceso investigador, pero dun xeito dirixido. E esto, facendo especial fincapé no método e coidados na realización da experiencia.

Tamén facemos unha breve introducción na que comentamos aspectos elementais relativos ó calculo de erros e o emprego de cifras significativas. O cálculo de erros non ten por que ser un obxectivo prioritario da realización das prácticas no nivel de ESPO ó que van dirixidas estas orientacións. Sen embargo, coidamos que non estaría de máis un adecuado tratamento dos datos obtidos e unha análise cualitativa dos resultados obtidos en relación ós erros cometidos.

Como normas xerais que compren ser tidas en conta na realización das prácticas, e de cara a resolución axeitada das cuestións exposas, proponse:

1º Facer un esquema ou debuxo da montaxe da práctica.

2º Comentar brevemente como se realizou.

3º Explica-lo fundamento físico da práctica, tratando, se é posible, de face-la xustificación en base a unha ecuación matemática.

4º Responder ás cuestións propostas o máis claramente posible.

 

2. ERROS E CIFRAS SIGNIFICATIVAS seguinte