Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Filosofía
Textos 2009-2010
Historia da FilosofíaGrupo de traballoFichas curricularesEstruturaModelo de exameTextos

Platón: 1 2 3 4 5
Aristóteles: 1 2 3 4 5 6
Agostiño-Tomé: 1 2 3
Descartes-Hume-Locke: 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Kant: 1 2 3 4 5 6 7 8
Marx: 1 2 3 4
Nietzsche: 1 2 3

 

Anterior

F. NIETZSCHE–texto 2
Fragmentos póstumos 1887-1889

Seguinte

 

Crítica do nihilismo. 1. (…) O nihilismo como estado psicolóxico ten aínda unha terceira e derradeira fórmula. Dados estes dous recoñecementos, que co devir nada se obtén e que non hai unidade que rexa o devir, na cal o singular poida subsumirse completamente como nun elemento do máis alto valor: non queda máis saída que condenar como fraude todo este mundo do devir e imaxinar un mundo que queda alén daquel, en canto mundo verdadeiro. Mais non ben o home vai tras el, como queira que ese mundo está construído apenas de necesidades psicolóxicas e para iso carece de todo dereito, xorde así a derradeira forma do nihilismo, a cal se cifra na falta de fe nun mundo metafísico –que se prohibe a crenza nun mundo verdadeiro . Chegados a este punto cómpre admitir a realidade do devir como única realidade, fica vedado calquera tipo de camiño oculto aos transmundos e falsas divindades – mais non se atura este mundo que xa nin queremos negar… No fondo ¿que sucedeu? Chegamos ao sentimento de ausencia de valor cando comprendemos que non é lícito interpretar o carácter total da existencia nin co concepto de “fin”, nin co concepto de “unidade”, nin co concepto de “verdade”. Con eles non se obtén nin se acada nada; a multiplicidade do acontecer carece dunha unidade que a transcenda: o carácter do existir non é “verdadeiro”, é “falso”…, non hai xa absolutamente ningunha razón para non quitar da cabeza a idea dun mundo verdadeiro… En suma: retiramos agora as categorías “fin”, “unidade”, “ser”, coas que nós engadimos un valor ao mundo – e agora o mundo aparece sen valor…

F. NIETZSCHE; Fragmentos póstumos 1887-1889. II [99] / (351) Trad. de Rafael Martínez (USC

 

 

 

Anterioranterior
seguinteSeguinte