Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Historia da Filosofía
Historia da FilosofíaGrupo de traballoFichas curricularesEstruturaModelo de exameTextos
Circular informativa
 

CIRCULAR PARA O CURSO 2011-2012

Estimados/as colegas:

Este ano non haberá cambios no que se refire ás probas. Os resultados de xuño e setembro están dentro do normal, aínda que cremos que se seguen a manifestar algúns problemas xa comentados e seguiremos traballando para superalos.

En xeral cremos que a proba se vai asentando e coidamos que as diferentes convocatorias feitas consonte o novo modelo poden contribuír a despexar moitas das incertezas suscitadas no seu día polos cambios no currículo da materia de segundo e mais da norma que regula a proba.

Así pois, as modificacións que se poden observar nesta páxina web son unicamente formais e perseguen unha maior claridade. Por diferentes causas nesta páxina había documentos introducidos en diferentes momentos que podían levar a confusión, así como algúns erros. Actualizamos eses documentos para que quede claro a vixencia do seu contido, corriximos os erros e presentamos  as fichas curriculares, esperamos que de forma máis sinxela e clara, mostrando a ponderación que lle corresponde a cada parte na nota final da proba.