Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Artes Escénicas
Artes EscénicasGrupo de traballoOrientacións

Modelo de exame

 

OPCIÓN A.

1. As artes escénicas en Galicia. (4 puntos).

2. Deseño da posta en escena do texto proposto (dirección de actores/interpretación, iluminación, xestión do espazo, escenografía e atrezzo…).

Incluiranse asemade aspectos relacionados coa posible recepción do espectáculo e o seu público potencial. (6 puntos).

“Euclión.- Quen está falando por aquí?

Licónides.- Son eu, un desgraciado.

Euclión.- Eu si que o son, e terriblemente arruinado; eu, que ando abatido por tantos males e pesares.

Licónides.- Ten bo ánimo.

Euclión.- E como podería animarme?

Licónides.- Disto que te ten tan preocupado, eu son o culpable. Confésoo.

Euclión.- Que oio?

Licónides.- A verdade.

Euclión.- Que dano che causei eu, mozo, para que obrases así e nos botases a perder a min e os meus?

Licónides.- Un deus obrigoume a facelo. El me arrastrou cara a ela.

Euclión.- Como?

Licónides.- Recoñezo que obrei mal e sei que son culpable. Por isto veño a rogarche que, benignamente, saibas concederme o perdón.

Euclión.- Como puideches atreverte a toca-lo que non era teu?

Licónides.- Que se pode facer? O mal xa está feito. Non é posible facer máis nada. Creo que así o quixeron os deuses, posto que sen a súa vontade a cousa non sucedería; diso estou seguro.

Euclión.- Eu tamén estou seguro de que os deuses queren que te deixe morrer ben atado, na miña casa.

Licónides.- Non fales así. Euclión.- E logo, por que a tocabas sen permiso? Era miña.

Licónides.- Fíxeno por cousa do amor e do viño.

Euclión.- Ai, gran desvergonzado! Con semellante discurso ousaches vir, imprudente? Se isto é lei, e con isto puideses escusarte, poderiamos ir rouba-las xoias das señoras, a plena luz do sol. Despois, se nos collían, escusariámonos dicindo que o faciamos impulsados pola embriaguez ou o amor. Demasiado baratos deben custa-lo viño e o amor se o borracho e o amante poden satisfacer, ao seu gusto, tódolos caprichos.

Licónides.- Pero se vin por propia vontade a pedirche perdón pola miña loucura.

Euclión.- Non me gustan os homes que, cando xa fixeron o mal, adoitan virche con escusas. Ti sabías moi ben que non era túa. Non debiches tocala para nada.

Licónides.- Posto que me atrevín a tocala, non che pido máis que podela conservar, por riba de todo.”

Plauto. Aulularia. Fragmento

OPCIÓN B.

1. Características xerais do teatro clásico. (4 puntos).

2. Deseño da posta en escena do texto proposto (dirección de actores/interpretación, iluminación, xestión do espazo, escenografía e atrezzo…).

Incluiranse asemade aspectos relacionados coa posible recepción do espectáculo e o seu público potencial (6 puntos).

“O REI PRETO. ¿Estades todos? UN PEÓN PRETO. Estamos, si, señor.

O REI BRANCO. ¿Estades todos?

O ALFIL BRANCO DE REI...Aquí falta un...O Cabalo da miña banda.

O REI BRANCO. !Ese Cabalo, ese Cabalo!...¡Sempre ha de pasa-lo mesmo! E agora, nin que quixese complicar máis aínda as falas das estrelas, facéndose el o agoirento... (...)

O PEÓN. ¡A modo!

O REI BRANCO ó Cabalo. ¡Sempre has se-lo mesmo! ¿Por que diaños tardabas tanto en vir? ¿Pódese saber, señor Cabalo, por que non responde ás preguntas que se lle fan? ¡Que lle fago eu!

O ALFIL BRANCO. Disque non quere ser Cabalo...Que quere ser Alfil.

O CABALO BRANCO. ¡Iso é todo o que cabe nunha cachola de Alfil, apirucada e esguedellada! ¿Quen me oíu a min dicir nin en soños cousa tan cativa?.... ¡Alfil eu! O

REI BRANCO. Cale vostede, señor Alfil, e deixe dicir ó señor Cabalo o que el sabe mellor que ninguén.

O CABALO BRANCO. Eu non quero ser Cabalo, Cabalo e nada máis que Cabalo, pero tampouco non quero ser Alfil, nin Peón, nin Torre, nin Re....(interrómpese). Eu quero ser algo que sexa a un tempo Cabalo e Alfil e Peón e Torre e...

O REI BRANCO. ¿E Rei? ¡Fala! ¿E Rei?

O ALFIL BRANCO. Non, el non ía dicir semellante cousa, Maxestade. Ía dicir...Xogador das Brancas ¿non si?

A RAIÑA. ¡Xogador das Brancas! ¡Xa non hai respecto nin para o Xogador das Brancas!

O CABALO BRANCO. ¡Pois si! ¡Xogador das Brancas tamén! O REI. Non se lle entende; quen sabe onde andou.

A RAIÑA. Ou en que compañas...(Ó cabalo da súa banda) ¿Ti non serás como teu irmán?

O CABALO BRANCO DA RAÍÑA. Non, señora, non, o mesmo pau, a mesma feitura... e non lle entendo.

A RAÍÑA. Fas ben. Eu tampouco. E non obstante, sen min todo vai costa abaixo. ...

 

Rafael Dieste. O drama do cabalo de xadrez. Fragmento adaptado.