Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Artes Escénicas
Artes EscénicasGrupo de traballoOrientacións

Criterios e Estrutura da proba

 

Como pode observarse nos modelos propostos, as probas buscarán compaxinar os aspectos teóricos e historiográficos coa redacción dun exercicio práctico, xa que non se trata dun comentario de texto convencional, senón de que os alumnos amosen a súa capacidade para explicar as decisións de posta en escena, de cara a unha hipotética montaxe do fragmento proposto. Trátase de aproximar a proba o máximo posible á orientación eminentemente práctica e creativa da materia.

Os criterios de avaliación, en relación co dito, terán que ver co rigor teórico e historiográfico dos contidos, así como coa capacidade de expresión e síntese do alumno. No comentario do texto, valoraranse tamén os aspectos citados, mais o maior interese ficará na análise das súas aptitudes creativas, así como na demostración da asimilación teórica e práctica dos conceptos básicos relacionados coa arte e a técnica da posta en escena. Como pode verse nos modelos propostos, a puntuación máxima será de 4 puntos para a primeira actividade e de 6 para a segunda, en función da súa diferente complexidade, así como do carácter creativo da materia