Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Economía da empresa
EconomíaGrupo de traballoOrientaciónsEstruturaModelo de exameCriterios de correcciónBibliografía
Criterios Xerais de Avaliación

Dada a estrutura da proba (véxase modelo de exame), na corrección e puntuación das respostas ás preguntas do exame aplicaranse os seguintes criterios:

Nas preguntas curtas (cun valor máximo de 0’75 ptos.) valorarase especialmente a precisión e concisión na resposta. Nos casos nos que se pida xustifica-la resposta ou ilustrala cun exemplo, así como naqueles nos que se pida enumerar varios elementos, a puntuación poderá ser de 0’25, 0’5 ou 0’75 ptos.  dependendo de a resposta estar completa ou non.

Na pregunta a desenvolver cunha puntuación máxima de 2 ptos., ademais de considerar a medida en que se axusta o contido da resposta ó que se pregunta, a valoración graduarase atendendo á claridade expositiva e á utilización axeitada dos conceptos fundamentais. Tamén se valorará positivamente a elaboración dun esquema-guión no que se resuma o contido da resposta.

No relativo ás preguntas prácticas (problemas), na valoración de cada un dos apartados nos que se pida efectuar un cálculo, terase en conta non só o resultado puntual, senón tamén a corrección (coherencia) da formulación. Ademais, cada un dos apartados valorarase independentemente, de tal xeito que, se está ben formulado, a puntuación do apartado en cuestión non se verá influída negativamente por cálculos equivocados que foran realizados en apartados anteriores.