Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Deseño
DeseñoGrupo de traballoDirectrices xeraisEstruturaCriterios de correcciónBibliografía

Estrutura e organización da proba

 

Os criterios de elaboración dos modelos de probas seguirán este curso os xa fixados nos pasados cursos académicos. Na súa estrutura estarán compostos por dúas opcións con dous apartados en cada unha delas: 

No primeiro apartado de cada opción pedirase, sobre un/s deseño/s  (gráfico/s, obxecto/os, de espazo/s), que o alumno realice unha análise e/ou comentario crítico daquel. Esta estará baseada fundamentalmente nos apartados un e dous dos contidos, aínda que tamén deben recoller reflexións extraídas dos outros tres apartados.

O segundo apartado de cada opción consistirá en realizar unha proposta elemental de deseño alternativo ós utilizados no primeiro apartado. Na solución ou proposta final será necesario considera-las reflexións extraídas no apartado primeiro. 


O alumno poderá utiliza-los sistemas de representación e as técnicas gráficas que considere máis adecuados, e a cor.