Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Deseño
DeseñoGrupo de traballoDirectrices xeraisEstruturaCriterios de correcciónBibliografía

Directrices xerais para o curso 2009-2010

 

A análise realizada do deseño curricular da materia “Deseño” e a súa situación dentro da modalidade de Artes do bacharelato LOE fainos chegar a conclusións moi similares ás que chegou o Grupo de Traballo LOXSE da materia “Fundamentos do Deseño”, da que esta é herdeira. Destas conclusións xorden as seguintes reflexións e directrices xerais:

 1º Trátase dun deseño curricular ambicioso que require unha coordinación importante coas materias de Debuxo Técnico, no relativo ó coñecemento adecuado dos sistemas de representación  (diédrico, axonométrico, perspectiva lineal), debuxo artístico e técnicas de expresión gráfico-plástica no que fai referencia ó coñecemento de técnicas gráficas de representación.

Neste sentido constátase a necesidade de manter unha total coordinación coas materias encargadas de imparti-los coñecementos antes citados, evitando duplicidades que reducirían (no seu caso) horas de docencia aos contidos base.

 2º O labor docente debe incidir nos dous primeiros apartados dos contidos –“Contidos comúns“e “O deseño e o seu contexto“–, base fundamental da primeira parte da proba xunto dos primeiros epígrafes dos tres seguintes –“Deseño gráfico“,“Deseño de obxectos“ e “Deseño do espazo habitable“–. Os tres apartados finais sinalados anteriormente serán a base da segunda parte da proba, coa finalidade de facer unha proposta elemental de deseño, fundamentalmente no ámbito dos apartados de “Deseño gráfico” e “Deseño de Obxectos” sen descoida-la análise do proxecto de espazo habitable.