Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Debuxo Técnico II
Debuxo TécnicoGrupo de traballoConsideracións / DirectricesModelo de exame
Consideracións e Directrices Xerais
 

CONSIDERACIÓNS XERAIS

O Grupo de Traballo de Debuxo Técnico, con motivo do novo marco lexislativo, derivado da implantación da Lei Orgánica de Educación (LOE), que modifica en parte os currículos das materias de Bacharelato e o procedemento de acceso ás universidades, presenta estas novas directrices xerais da materia elaboradas a partir das anteriores co obxecto de adaptarse ao Decreto 126/2008, de 19 de xuño, sobre “Ordenación e Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia” (DOG 23 de xuño de 2008) e a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia ( DOG do 27 de xuño de 2008). Queremos salientar que os cambios son pouco significativos con respecto ás anteriores directrices, manténdose os criterios e liñas de traballo de cursos anteriores.

DIRECTRICES XERAIS

CONTIDOS

1.- TRAZADOS XEOMÉTRICOS

  • Trazados no plano: ángulos na circunferencia, división en partes iguais, concepto de arco capaz.
  • Proporcionalidade e semellanza: escalas normalizadas, triángulo universal de escalas.
  • Triángulos: construción de triángulos, a partir de lados e ángulos, aplicación do arco capaz, coñecer os seus elementos notables.
  • Polígonos: construción de polígonos regulares a partir del lado
  • Potencia: concepto de potencia e inversión, aplicacións.
  • Transformacións xeométricas no plano: transformacións isomorfas: homoloxía, afinidade e inversión.
  • Tanxencias: resolución de tanxencias e enlaces. Aplicación dos conceptos de potencia e inversión.
  • Curvas cónicas e técnicas: construír cónicas a partir dos parámetros que as definen. Interseccións con rectas e rectas tanxentes, valorándose a precisión na definición das curvas e dos puntos de intersección ou tanxencia.

2.- SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN

  • Sistema diédrico: abatementos, xiros e cambios de plano. Verdadeiras magnitudes e interseccións. Representación de formas poliédricas e de revolución. Representación de poliedros regulares. Intersección con rectas e planos, basicamente proxectantes. Obtención de desenvolvementos. Incidirase no traballo cos planos proxectantes  na resolución de exercicios de verdadeiras magnitudes, distancias e ángulos cos planos de proxección.
  • Sistema axonométrico ortogonal e oblicuo: fundamentos do sistema, proxeccións e coeficientes de reducción. Obtención de interseccións e verdadeiras magnitudes. Representación de formas poliédricas e de revolución. Representar corpos e figuras xeométricas en isometría, perspectiva cabaleira e militar, a partir das súas proxeccións diédricas e á inversa, valorándose a situación da figura.
  • Sistema de planos acoutados: fundamentos do sistema.
  • Sistema cónico: fundamentos, elementos do sistema. Perspectiva lineal central e oblicua sempre co plano do cadro vertical, utilizando raios visuais ou puntos de medición.

3.- NORMALIZACIÓN

  • Xeneralidades sobre normalización: que, como e cando é necesario normalizar no debuxo técnico.
  • Principios de representación: posición e denominación das vistas fundamentalmente no sistema europeo. Elección das vistas. Coñecer e empregar axeitadamente os distintos tipos de liñas normalizadas en exercicios de esbozos. Aplicar correctamente as normas referidas a vistas, cortes e seccións.
  • Acoutamento: principios e normas xerais de acoutamento no debuxo industrial e no debuxo arquitectónico.