Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Bioloxía
BioloxíaGrupo de traballoOrientaciónsModelo de exameInstruciónsCriterios de corrección
Orientacións sobre as clases prácticas e relación de páxinas web

 

Prezados colegas, como directora do Grupo de Traballo de Bioloxía, e no nome de todo o grupo, presentámosvos as orientacións ás experiencias prácticas así como una nova relación de páxinas web.

Un dos papeis educativos da materia Bioloxía de segundo de bacharelato LOE, tal e como se considera no Decreto 126/2008 do 19 de xuño, polo que se establece o currículo de bacharelato na comunidade autónoma de Galicia (DOGA 23 de xullo do 2009), está relacionado coa promoción dunha actitude investigadora baseada na análise e na práctica dos procedementos básicos do traballo científico. Para poder desenvolver ese elemento na formación, é preciso que o alumnado adquira capacidades relacionadas co uso autónomo dalgunhas estratexias características da investigación científica (formular e contrastar hipóteses, planificar deseños experimentais etc.) e os procedementos propios da bioloxía para realizar pequenas investigacións e, en xeral, explorar situacións e fenómenos descoñecidos.

Para acadar as devanditas capacidades e procedementos, o Grupo de Traballo recomenda realizar as seguintes prácticas de laboratorio, cada unha delas relacionada cun bloque temático da materia.

-Desnaturalización de proteínas e observación da actividade encimática

-Uso do microscopio e elaboración de preparacións microscópicas

-Observación de distintos tipos de células e orgánulos

-Observación da fermentación de lévedos

-Extracción do ADN

-Observación de bacterias

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PRÁCTICAS DE LABORATORIO

• Becker JF, Caldwell GA. (1999). Biotecnología: curso de prácticas de laboratorio. Ed. Acribia S.A. Zaragoza.
• Cuello JS, e col. (1978). Prácticas de Biología. Ed. Fontalba. Barcelona.
• Gaviño G, Juárez JC, Figueroa HH. (1991). Técnicas biológicas selectas de laboratorio y de campo. Ed. Limusa. México.
• González MP. (2003) Prácticas de laboratorio en el aula: biología, ecología, genética. Ed. Díaz de Santos. ISBN 978-84-277-1431-1
• Salón FB, Cantarino MHA. (1979 y 1983). Curso de prácticas de Biología General (Vol. I y II). Ed. Blume. Madrid.

Relación de páxiinas web

http://www.biorom.uma.es/contenido/index.php

http://www.cytochemistry.net/Cell-biology/

http://www.denniskunkel.com/

http://web.educastur.princast.es/proyectos/biogeo_ov/

http://www.loci.wisc.edu/outreach/bioclips/

http://dewey.uab.es/pmarques/pdigital/webs/bach2biolog.htm

http://www.raulprofe.com/

http://centros5.pntic.mec.es/ies.victoria.kent/Rincon-C/Enlaces/BG.htm

http://www.cellsalive.com

http://recursos.cnice.mec.es/biologia/

http://www.biologia.arizona.edu/

http://www.joseacortes.com