Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Análise musical II
Análise musicalGrupo de traballoOrientaciónsAudicións
Programa e orientacións do Grupo de Traballo
 

INTRODUCIÓN

            Esta materia, como continuación de Análise I e complementándose con Historia da Música e da Danza, pretende que o alumnado acade unha visión comprensiva dos diferentes estilos compositivos dende o canto gregoriano ata a actualidade, atendendo ás principais características da linguaxe musical en cada período. Para iso deberá aprender a identificar auditivamente os elementos e procedementos compositivos máis destacados de cada estilo, e mais poñer a proba as súas habilidades para recoñecer e contrastar estes.

            Dada a amplitude da materia tomarase como referencia un listado de audicións, a modo de exemplos destacados da historia da música ou como modelos axeitados ao obxecto do noso estudo, as cales serán materia de exame. Así mesmo, propóñense unhas orientacións metodolóxicas e bibliografía para axudar ao profesorado a organizar tan vasto material.   

            Para o estudo desta materia recoméndase empregar cantos exemplos musicais se consideren necesarios, a fin de completar e reforzar a materia, así como de enriquecer as perspectivas do alumnado e comparar obras e versións. Tamén se recomenda o uso de  partituras e musicogramas que apoien a análise onde sexa posible, tendo en conta a variedade de alumnado a quen se dirixe esta materia.

OBXECTIVOS
           
            1. Percibir, a través da audición, os elementos e procedementos que configuran unha obra e comprender a estruturación do discurso musical nas súas partes.
            2. Recoñecer as características dos principais estilos musicais ó longo da historia.
            3. Coñecer as principais formas musicais históricas, a súa evolución e as músicas doutras culturas valorándoas e comprendendo as influencias mutuas.
            4. Adquirir un léxico e terminoloxía axeitada para describir a música, comprendendo as diferenzas e relacións entre obras relevantes de diferentes épocas e compositores.

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA

Propoñeranse dúas opcións de exame, das que o alumnado escollerá exclusivamente unha delas.
As dúas opcións  terán unha formulación similar e axustaranse ó  que se detalla a continuación.

Proba específica ou exame de Análise II                                              
Constará de dúas partes:
A primeira parte do exame (6 puntos) consistirá no comentario dunha audición proposta no listado de obras de referencia, da que o alumnado deberá analizar os seguintes aspectos, segundo proceda, xustificando e desenvolvendo as súas opinións:
                -Xénero.
-Tímbrica e modelo instrumental e/ou vocal.
-Tipoloxía melódica.
-Ritmo. Relación ritmo-texto.
-Textura.
-Características harmónicas.
-Estrutura e forma.
-Estilo e época.
-Autor e título.

A segunda parte do exame (4 puntos) consistirá en catro preguntas curtas referidas a aspectos da análise ou ás audicións (vid. Orientacións Metodolóxicas). Valorarase a capacidade de relacionar as respostas con obras do listado de referencia ou outras que coñeza o alumnado.

PROPOSTA TEMÁTICA

 A música medieval

Estudo das características sonoras e estilísticas, das formas e dos xéneros do canto gregoriano, e da música profana. Os modos eclesiásticos. Ritmo e texto na música vocal da idade Media. Formas estróficas. Os principais cantos litúrxicos, como o himno, a lírica medieval e as súas manifestacións coma as cantigas. As orixes da polifonía, o Códice Calixtino e análise dalgunhas formas primitivas como os tropos.

Audición 1.- Canto gregoriano, Veni creator.
Audición 2.- Afonso X, Santa Maria Strela do dia, Cantiga 100.
Audición 3.- Códice Calixtino, Gratulantes.
           
O Renacemento

O Estudo da sonoridade e do estilo renacentista e as distintas escolas musicaisdo período. As voces e os instrumentos. Análise das principais técnicas compositivas: a líña de baixo, a nomenclatura, as secuencias harmónicas etc., partindo de xéneros e formas musicais tan relevantes como son o vilancico, a misa e as diferencias.

Audición 4.- Juan del Enzina, Todos los bienes del mundo.
Audición 5.- G.P. Palestrina, Kyrie da Misa do Papa Marcelo .
Audición 6.- Luis de Narváez, Diferenzias sobre Guárdame las vacas.

O Barroco

Análise das características sonoras e estilísticas, dos procedementos harmónicos, as cadencias, e as ornamentacións, as formas e os xéneros da musica instrumental e vocal barroca. Estudo da policoralidade, o estilo concertato, o contraste de planos sonoros, e de dinámicas, o uso da retórica e a normalización dos instrumentos, partindo de exemplos como o concerto, a paixón e a ópera.

Audición 7.- A. Vivaldi, O inverno, opus 8, 1º movto.
Audición 8.- J.S. Bach, Coro inicial da Paixón segundo San Mateo, BWV 244. Coral O Lamm Gottes, unschuldig, BWV 401.
Audición 9.- G.F. Haendel, Laschia ch´io pianga, Rinaldo.

Os estilos preclásicos e o Clasicismo

Análise das características sonoras máis representativas do Clasicismo no campo da música instrumental vienesa. Os novos xéneros instrumentais e os novos instrumentos. Fraseo periódico e traballo motívico. Modulacións e cadencias. As texturas e as relacións entre as diversas voces. Estudo de formas frecuentes a través de dous exemplos: a sonata e o cuarteto de corda.

Audición 10.- J. Haydn, Cuarteto nº 63, opus 76, No. 4, Hob.III: 78 , 3º movto.
Audición 11.- W.A. Mozart,

 Romanticismo

Estudo analítico das características sonoras e estilísticas do período: formas e xéneros da música romántica: a sinfonía beethoveniana, o lied e as pequenas formas. A ampliación do piano nas texturas sonoras. Os avances na expresividade "romántica". relación música e texto, relación das artes plásticas e a música etc.

Audición 12.- L. van Beethoven, Sinfonía nº 5, opus 67, 1º movto.
Audición 13.- F. Schubert, Margarida na roca, D.118.
Audición 14.- F. Chopin, Nocturno, opus 9 nº 2.
Audición 15.- J. Brahms, Cuarteto con piano, opus 25, 4º movto.

O Post-romanticismo e os nacionalismos

O Efecto wagneriano nas novas técnicas de orquestación no uso da tímbrica (procedementos harmónicos, cadencias, ornamentación, sonoridades). A nova música programática. Desenvolvemento das diferentes escolas nacionais. Aplicacións e análise partindo de dous exemplos: un poema sinfónico e un lied postwagneriano.

Audición 16.- A. Borodin, Nas estepas de Asia Central.
Audición 17.- G. Mahler, Nun will die Sonn so hell aufgeh'n, Kindertotenlieder nº 1.

A música no século XX

Estudo das características estéticas dalgunhas das principais manifestacións musicais do século XX (impresionismo, expresionesmo, música electroacústica, minimalísmo, jazz...)
Análise de recursos e técnicas como intertextualidade, a influencia de músicas populares occidentais e non occidentais no repertorio académico, a improvisación, a repetición como elemento xerador de forma, a acumulación de texturas e a expansión tímbrica vocal (Sprechstimme) e instrumental (percusión, sons gravados/procesados e síntese electrónica).

Audición 18.- C. Debussy, De l'aube à midi sur la mer, 1º esbozo, La mer.
Audición 19.- A. Schoenberg, Nacht, Pierrot Lunaire, opus 21.
Audición 20.- M. de Falla, Danza do muiñeiro, O Sombreiro de Tres Picos.
Audición 21.- E. Varèse, Ionisation.
Audición 22.- P. Oliveros, Bye-bye, Butterfly.
Audición 23.- S. Reich, Música para 18 músicos, Section I.
Audición 24.- G. Gershwin / L. Armstrong, I got rhythm.
Audición 25.- C. Halffter, Tiento en primer tono y Batalla imperial

 NOTA BENE: As partituras e íncipits que aparecen nalgunhas audicións de referencia son un mero complemento didáctico e non entrarán como materia de exame.

ORIENTACIÓNS METODÓLOXICAS

Baixo os seguintes epígrafes proponse un enfoque desta materia non só dende o punto de vista da linealidade histórica, senón tamén cunha perspectiva transversal. Así pois, recoméndase encarecidamente traballar as audicións de referencia tamén neste sentido diacrónico para establecer paralelismos e conexións onde sexa posible, co fin de axudar ó alumnado a fixar os principais parámetros da análise de maneira individualizada.

1.- Xéneros musicais: profano/relixioso, instrumental/vocal, escénico, sinfónico/cámara etc.
2 - Evolución tímbrica: agrupacións instrumentais e vocais.
3.- Melodía: perfil (en arco, plana, quebrada...), ámbito, movemento (graos conxuntos/ saltos), elaboracións melódicas (ornamentación, improvisación...), motivos melódicos etc.
4.- Ritmo: ritmo libre, pulso, compases (simples, compostos), motivos rítmicos etc.
5.- Relación música/texto: prosodia, retórica, ilustracións musicais etc.
6.- Texturas: monofonía, homofonía, heterofonía, contrapunto, melodía acompañada.
7.- Sistemas tonais: modalidade, tonalidade (graos tonais, cadencias, acordes...), atonalidade etc.
8.- Estrutura: micro-/meso-/macroestruturas e formas musicais.
9.- Música descritiva e intertextualidade (imitación, citas musicais...).

BIBLIOGRAFÍA ANÁLISE MUSICAL II:

García Laborda, José María (ed.). La música del siglo XX. Parte 1: (1890-1914) modernidad y emancipación. Madrid, Alpuerto, 2000.

Jan La Rue (ed.), Análisi del estilo musical. Barcelona, Labor, 1989.

Kühn, Clemens (ed.), Tratado de la forma musical. Barcelona, Idea Books.,2003.

Kühn, Clemens, La formación musical del oído. Span press Universitaria. 1998.

Lorenzo de Reizábal, Margarita & Lorenzo de Reizábal, Arantza, Análisi musical. Claves para entender e interpretar la música, Barcelona, . Ed. Boileau,2005.

Llacer Pla, Francisco (ed.), Guía analítica de formas musicales para estudiantes. Madrid, Real Musical, 1982.

Machlis, Joseph. (ed.), Introducción a la Música contemporánea. Buenos Aires, Marymar, 1975.

Paynter, John, Sonido y estructura. Madrid. Ed. Akal, 1999.

Roldán Samiñan, Ramón (ed), Introducción al Análisis Musical. Málaga, Si Bemol, 1997.

Rosen, Charles (ed), Formas de sonata. Idea Books., 2004.

Salzer, Felix, Audición estructural. Barcelona, Ed. Labor, 1995.

Stanley, Sadie (ed.),Guía Akal de la Música. Madrid, Akal, 2000.

Szekely, Katalin (ed.), Análisis 1º. Pequeñas Formas Barrocas y Clásicas. Libro del alumno.

Libro del profesor. Málaga, Maestro, 2004.

Szekely,Katalin. (ed.), Análisis 2º. Grandes Formas Barrocas y Clásicas. Libro del alumno.

Libro del profesor. Málaga, Maestro. (Colección Enseñanza Musical Profesional) 2004.

Ulrich, Michels, Atlas de Música, I: Parte sistemática. Parte histórica: de la Prehistoria al Renacimiento . Madrid, Alianza Editorial, 1977.

Ulrich, Michels, Atlas de Música, II. Parte histórica: del barroco hasta hoy. Madrid, Alianza Editorial, 1992.

Tranchefort, René (ed.), Guía de la música de cámara. Madrid, Alianza editorial, 2005.

Tranchefort, René (ed.), Guía de la música sinfónica. Madrid, Alianza editorial, 1995.

Outras lecturas:

Blacking, John, ¿Hay música en el hombre?. Madrid, Alianza Editorial, 2006.

Cook, Nicholas, De Madinna al Canto Gregoriano. Una muy breve introducción a la música. Madrid Alianza Editorial., 2001.

Howard, John, Aprendiendo a componedr. Madrid, Ed. Akal.,2000.

Algúns links

http://imslp.org/wiki/P%C3%A1gina_principal
http://www.musictheory.net/
http://www.avantgardeproject.org/archive.htm
http://www.turbulence.org/Works/song/index.php
http://jan.ucc.nau.edu/~krr2/musan_linx.php
http://www.box.net/shared/8i5trreo04#1:14697896
http://musicamisteri.blogspot.com/
http://www.yolandasarmiento.com/

EQUIPO ANÁLISIS II

Director, Carlos Villanueva, carlos.villanueva@usc.es

1.Subdirectora, María Jesús Yebra, folgueral@edu.xunta.es

2. Juan Gil López, aturuxo@edu.xunta.es

3. Laura Rodríguez Losada, lauralosada@edu.xunta.es

4. Almudena Vidal Varela, almudenavidalvarela@edu.xunta.es