Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Análise musical II
Descriptores de audicións
Análise musicalGrupo de traballoOrientacións
Anterior
11. Mozart, Sonata Facie, KV 545, 1º mov.
Seguinte

Audio Partitura 11 W.A. Mozart, Sonata Facile,  KV 545, 1º mov. Coñecida como sonata fácil e descrita polo  compositor como “para principiantes”, esta obra foi composta no ano 1788; non se publicou ata 1805, catorce anos despois da morte do seu autor. O primeiro movemento da sonata en Do Maior comenza cun tema triádico ascendente sobre o acorde de tónica. Este primeiro tema de catro compases conclúe cunha pasaxe de escalas ascendentes e descendentes (opoñéndose ó  deseño triádico do comenzo) que constitúen a ponte modulante hacia o segundo tema da sonata, que aparecerá na tonalidade da dominante. O segundo tema comenza cun material introductorio dun compás de duración; Mozart emprega un segundo motivo triádico, aínda que esta vez descendente; prosegue cunha frase construída sobre arpexios, e finaliza cun terceiro motivo triádico. A exposición complétase cun período cadencial no que se reafirma a tonalidade da dominante. O desenvolvemento comenza co mesmo deseño do período cadencial alternándoo con escalas; este desenvolvemento é bastante curto en comparación con outras sonatas de Mozart. Unha cadencia perfecta dá comenzo á recapitulación, e aquí o autor presenta o primeiro tema na tonalidade da subdominante, algo non tan infrecuente na época. A ponte alárgase para permitir a modulación do segundo tema á tonalidade principal. Remata este tempo cunha cadencia perfecta auténtica.

Un dos elementos que máis claramente caracteriza o estilo clásico é a frase breve, periódica, simétrica e articulada. O paradigma é a frase de catro compases, como podemos observar claramente nesta sonata:

Mentras que o Alto Barroco sentía preferencia por estruturas rítmicas constantes, no período clásico óptase pola variedade, tendo o ritmo un papel relevante na articulación das estruturas (deseños diferentes para o primeiro tema, a ponte, o segundo grupo temático etc...). A segunda metade do século XVIII supón unha fase importante no proceso de destrución do aspecto lineal de la música en favor dunha concepción vertical e en consecuencia a progresiva desaparición do baixo contínuo. Isto levará á utilización de numerosas figuras de acompañamento entre as cales quizáis a máis coñecida sexa o baixo de Alberti, que podemos observar no primeiro tema da sonata:

Anterioranterior
seguinteSeguinte