Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Consellería de Educación

 

Análise musical II
Descriptores de audicións
Análise musicalGrupo de traballoOrientacións
Anterior
7. A. Vivaldi, "O Inverno", de As catro estacións
Seguinte

Audio 7  A. Vivaldi, “O invierno”, de As catro estacións (Concerto para violín RV171) (1º mov.). A aparición, en 1725, dos doce concertos que conforman o Opus 8 da obra de A. Vivaldi, “Il cimento dell´armonia e dell´a invenzione”, constitúe un paso máis na consolidación do concerto solista como unha estrutura instrumental emerxente, na que solista e orquestra se opoñen e enfrontan un á outra, en busca dun acordo entrambos, segundo os dous significados que adoitan darse ao verbo latino “concertare”. Por outra banda, supón tamén a reafirmación do violín como un instrumento plenamente desenvolvido, logo dos perfeccionamentos técnicos aos que se viu sometido durante o último século e medio polos luthieres de Brescia e Cremona. Os catro primeiros concertos desta colección son os que coñecemos polo nome de As catro estacións: ao evocador do título únese a circunstancia de que cada un deles aparece precedido por un soneto explicativo, que nos describe aspectos concretos de cada estación, que a música vai representar; (figuración de fusas e semicorcheas en staccato, para describir os efectos de tremor que xera o frío no primeiro movemento; ou o acompañamento en pizzicato da melodía do violín que evoca a choiva no segundo tempo). Deste xeito podemos afirmar que o carácter descritivo da música de Vivaldi fai desta peza un claro exemplo de música programática, moitos anos antes de que este termo fose acuñado.

Anterioranterior
seguinteSeguinte